Facultativos. Preparación parte común

PREPARACIÓN PARTE COMÚN DAS CATEGORÍAS DE FACULTATIVOS.
Con data 11 de xaneiro publicaronse no DOG convocatorias de distintas especialidades de Facultativos. Por elo en NÓS OPOSICIÓNS, comezamos a preparación da parte común do temario destas especialidades.Serán grupos flexibles en horarios e de carácter intensivo con dúas clases ao mes, impartidas por un profesional con contrastada experiencia en grupos de Facultativos.

  • CLASES DE PROBA: Ofrecemosche asistir a dúas clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas dúas clases.
  • COMEZO DA PREPARACIÓN: O comezo dos distintos grupos, está previso para febreiro de 2017.
  • LUGAR DA PREPARACIÓN: Temos previsto impartir grupos nos centros da Coruña, Santiago e Lugo.
  • MATRÍCULA GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 27 de xaneiro de 2017 terá matrícula gratuíta.
INFORMÁTE SEN COMPROMISO EN CALQUERA DOS NOSOS CENTROS OU CHAMANDO POR TELÉFONO
Coruña 981 927 420
Santiago 981938727
Lugo 982815466
Vigo 986139344

PARTE COMÚN.

Tema 1. A Constitución Española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lexislación sobre igualdade de xénero: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Os textos legais serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Scroll al inicio