O proxecto NOS OPOSICIÓNS comezou no ano 2004 e ao longo destes anos preparamos a milleiros de opositores e opositoras que hoxe son a nosa mellor publicidade. Se tes oportunidade, pregunta a actuais ou antigos alumnos e alumnas polo noso xeito de traballar, eles son o noso mellor aval.
NÓS OPOSICIÓNS é unha sociedade coordinada por persoas vencelladas ao mundo da formación, tanto no referido ao ámbito da xestión como ao ámbito da docencia. Esta experiencia e coñecementos interdisciplinares fai que na preparación dos distintos procesos selectivos consideremos unha serie de variables fundamentais para obter un alto rendemento e acadar así unha praza na Administración.
NÓS OPOSICIÓNS conta coa colaboración de preparadores/as de máxima solvencia e ampla experiencia na Administración Pública e na preparación de opositores e opositoras.