Posible suspensión da convocatoria de 1000 prazas de educación en Galicia

Ante a nova aparecida en varios xornais sobre a posibilidade de que a Consellería non leve a cabo a Convocatoria anunciada de máis de 1000 prazas tanto para mestres como para Secundaria e FP, queremos sinalar o seguinte:

Ata o momento nin a Xunta nin a propia Consellería manifestaron nada ao respecto, é máis, o 8 de febreiro a propia Consellería detallou que especialidades se ían a convocar para este 2017

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21181

Dada a repercusión que este tipo de novas ten entre os múltiples implicados neste proceso, xerando moita incertidume e desasosego, xa que milleiros de persoas levan investido moito tempo e diñeiro na preparación das oposicións, INSTAMOS DE XEITO URXENTE Á CONSELLERÍA A QUE ACLARE QUE VAI FACER COA CONVOCATORIA DE EDUCACIÓN ANUNCIADA PARA O 2017.

Estamos seguros que a Consellería no momento en que anunciou a convocatoria de mais de 1000 prazas para o 2017 e máis aínda cando fai dúas semanas detallou cales serían as especialidades convocadas, tiña previsto o contexto legal no que nos atopabamos respecto á convocatoria de oposicións e estaba segura de que se podían convocar. Porque calquera outro escenario pareceríanos dunha irresponsabilidade impropia dunha Administración.

Agardemos que en breve teñamos novas tranquilizadoras que nos permitan seguir centrados no obxectivo fundamental que é acadar unha formación óptima cara o mes de xuño de 2017 que nos permita afrontar con garantías os procesos selectivos que para esa época están previstos.

Por todo elo en Nós Oposicións continuamos coa preparación das distintas especialidades, tendo en conta que o 2 de marzo está prevista unha Mesa Sectorial que aclarará que vai acontecer, aínda que como sinalamos anteriormente agardemos que a Consellería aclare esta cuestión de xeito inmediato sen agardar ao 2 de marzo.

http://www.farodevigo.es/galicia/2017/02/23/gobierno-deja-suspenso-1000-plazas/1628708.html

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/02/23/gobierno-deja-suspenso-mil-plazas/1155460.html

Scroll al inicio