Suspensión actividade presencial do 16 ao 30 de marzo.

INFORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA PREPARACIÓN PRESENCIAL.

Tal e como vos comentabamos recentemente; as novas sobre o Coronavirus son tremendamente cambiantes e no día de hoxe soubemos que as autoridades competentes suspenden as clases nos centros docentes a partir do luns 16 de marzo durante 15 días.

Ante esta nova NÓS OPOSICIÓNS, suspende todas as clases presenciais dende o luns 16 ata o 30 de marzo como medida preventiva fronte ao coronavirus.

A formación continuará a partir do luns de xeito virtual.

Entendemos que é importante non deixarse levar por rumores, novas manipuladas… debemos atender á información das administracións que aínda que ás veces tardan en facilitala esta é a válida e fiable.

Agradecendovos o voso compromiso, quedamos á vosa disposición para calquera cuestión ou aclaración.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Scroll al inicio