SORTEAZO de outubro!
Boas boas! Xa estamos de novo por aquí, e sí, vimos acompañados da primeira das sorpresas que prometimos.😉
Como vimos que o kit Nós do pasado sorteo tiña algunhas carencias, decidimos suplilas coas recomendacións que deixáchedes nos comentarios do noso anterior sorteo.😊 As vosas peticións son ordes para NÓS.
Xunto aos nosos compañeiros de Carlin4Caminos, creamos un pack de material con todo o que precisades para superar este novo curso, porque con material de calidade sempre se leva todo mellor.💪💪
Presentámosvos o… SORTEAZO! 🥳🥳 (únicamente se podería participar no perfil de IG)
Para participar so tedes que seguir uns pasiños moi sinxelos:
👉 Ser seguidores do noso perfil de IG @nosoposicions, e do de @carlin4caminos.
👉 Comentar na publicación etiquetando a 2 amigos/opositores.
👉 Contestar nos comentarios á pregunta: Con que actitude comezades este novo curso?
📣O período de participación será dende o 1 de outubro ás 15:00h ata o 15 de outubro ás 15:00h. (Os comentarios feitos fora de prazo quedarán excluídos de participación)
O gañador será comunicado o día 15 de outubro ás 18:00h a través dos nosos perfis de redes( IG e FB) e nos comentarios da propia publicación.
Veña todos a participar❗ No perfil de IG de @carlin4caminos tedes activo outro sorteo dun bono de 50€💸 para gastar na súa tenda.
🍀🍀🍀MOITÍSIMA SORTE A TODOS!🍀🍀🍀
*Certificado de validez do sorteo
GAÑADOR/A: @reberomelis