Simulacros Educación, unha actividade para aprender…

| Actualidade | ,

Cando estamos a piques de rematar os SIMULACROS dos grupos de Educación, queriamos deixar constancia do noso agradecemento polo traballo feito polos alumnos/as, docentes, e persoal de administración que durante estes días e nas semanas previas traballaron a reo para que todo saíse ben.

Entendemos que a celebración destes simulacros é unha actividade do máis beneficiosa para o alumnado e polo tanto merece a pena tanto esforzo.

Un ano máis quedamos contentos e satisfeitos de como se desenvolveron e sentímonos moi pero que moi honrados de formar parte deste proxecto chamado Nós Oposicións.

Grazas a todos e todas os que participastes dun ou outro xeito.