O SERGAS confirma que haberá ope no 2014 coa reposición do 50% das prazas

CONVOCATORIA OPE SERGAS 2014

O Sergas convocará o próximo ano prazas para cubrir o 50% das xubilacións que marca a nova taxa de reposiciónA directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Margarida Prado, mostrouse este xoves satisfeita co incremento ata o 50% na taxa de reposición de vacantes en sanidade e confirmou que este departamento convocará o próximo ano as prazas para cubrir estas vacantes ata o novo límite marcado polo Goberno central.

A directora xeral sinalou que as vacantes xeradas nas situación de xubiliación son «convocadas na porcentaxe máxima permitida a través de Ofertas Públicas de Emprego». «E este ano -2015- imos convocar o 50% de taxa de reposición, si,» indicou.

+info. lavozdegalicia.es