SERGAS 2015. Publicación no DOG da ampliación de prazas de enfermaría

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS PERSOAS INTERESADAS.

O luns, 4 de maio, publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución de ampliación do número de prazas do concurso-oposición das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) acumulando as aprobadas no Decreto de oferta de emprego público de 2015.Coa publicación desta Resolución REABRESE O PRAZO DUN MES PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN (dende o 5 de maio ata o 4 de xuño, ambos incluidos).

Aquelas persoas aspirantes que tivesen presentado a súa solicitude de participación neste proceso no período inicial comprendido entre o 19 de decembro de 2014 e o 30 de xaneiro de 2015, NON TERÁN QUE PRESENTAR NOVA INSTANCIA de participación nin achegar ningunha documentación.

+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150504/AnuncioG0003-270415-0001_gl.html

PERIODO DE INSCRICIÓN: 05 DE MAIO ATA 04 DE XUÑO.

Scroll al inicio