No BOE do 29 de outubro publicouse a Oferta de Emprego Público do 2020 pertencente á Administración do Estado. Nesta Oferta contemplanse máis de 9000 prazas de distintos corpos e especialiadades.
Esta é unha excelente oportunidade que che permitirá:
- Asegurarte un futuro laboral estable.
- Poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal.
- Contribuir co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.
En Nós Oposicións ao longo dos meses de novembro e decembro comezaremos a preparación de distintas especialidades. A preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores. Para que o poidas comprobar ofrecemosche duas clases de proba e senon te convencen non terías nada que aboar por elas.
ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO ACCESO LIBRE
ESPECIALIDADE | NÚMERO DE PRAZAS DE ACCESO LIBRE |
AXUDANTES DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS. (C1) | 900 |
AXENTES FACENDA PÚBLICA. (C1) | 380 |
XERAL ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO. (C1) | 787 |
XERAL AUXILIAR DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO. (C2) | 592 |
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
ESPECILIDADE | PRAZAS |
CORPO DE XESTIÓN PROCESAL E ADMINISTRATIVA. | 355 |
CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESAL E ADMINISTRATIVA. | 392 |
AUXILIO XUDICIAL. | 199 |
Infórmate sen compromiso en calquera dos nosos centros e se te matriculas antes do 30 de novembro terás matrícula gratuita.