Preparación mestres e secundaria curso 2015-2016. Por qué nós?

QUE OFRECEMOS EN NÓS OPOSICIÓNS?

O NECESARIO PARA PREPARAR A OPOSICIÓN: TEMARIO, PRÁCTICOS E PROGRAMACIÓNTEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados cada curso, con referencias lexislativas do noso contexto galego e implicacións prácticas.

PRÁCTICOS: Para preparar a proba práctica, que é unha parte esencial para superar a oposición, dispoñemos de material específico  baseándonos nos casos prácticos de convocatorias realizadas en Galicia.

PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, tendo superada a oposición. Igualmente en moitos casos foron membros de Tribunais de oposición.

ORGANIZACIÓN DA PREPARACIÓN:

CLASES: Teñen un carácter intensivo de duración 4.30 horas aproximadamente e son unha vez á semana, ben en horario semanal de tarde ou os sábados en horario de mañá.
SIMULACROS: Periodicamente realizaranse simulacros das distintas probas de que consta a oposición.
PLANIFICACIÓN: A comezo de curso entregarémosche un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición, datas de realización dos simulacros…

CLASES DE PROBA: Poderás asistir a dúas clases de proba. Se decides que non te convencen non terás nada que aboar por elas nin terás ningún tipo de compromiso, e só se decides quedarte é cando as terás que pagar.
MATRÍCULA GRATUITA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 31 de agosto de 2015 terá matrícula gratuita.