Tal e como sinala o Diario EL MUNDO, nun dos seus artigos;
Un de cada tres profesores ten mais de 50 anos e só o 8% ten menos de 30 anos. Farán falla nos próximos 15 anos 200000 docentes no Estado Español…
Alá pola década dos 70, cando a Lei Xeral de Educación estableceu o ensino obrigatorio desde os seis ata os 14 anos, produciuse en España unha gran contratación de profesorado. Aqueles mozos mestres de entón, que estrearon con entusiasmo a EGB e a democracia, están a xubilarse agora. Pero a crise económica freou a natural substitución xeracional e impediu acceder á carreira docente a miles de profesores recentemente titulados, que agardan xa un tanto desesperanzados a que cheguen as oposicións que lles permitirán asentarse dunha vez na vida laboral. As aulas, mentres tanto, envellecen. Un de cada tres profesores españois ten máis de 50 anos e só o 8% é menor de 30 anos, segundo un estudo do Consello Escolar do Estado.