Prazas estabilización docente!

▪️ENSINO – Prazas estabilización docente▪️
 
Ao longo destes días, sodes moitos os que nos preguntades polo proceso de estabilización que se vai desenvolver ao longo deste curso 2022-2023 así como polo número de prazas existentes nas distintas especialidades deste proceso de estabilización.
 
Estas actuacións veñen determinadas pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de persoal funcionario dos corpos docentes e que en Galicia se concretou para o ámbito docente no Decreto 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público… (DOG 30-05-2022) https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220530/AnuncioG0655-270522-0001_gl.pdf
 
Para que poidades dispoñer desta información de xeito detallado compartímosvos un dossier que contén en detalle as prazas ofertadas por especialidade.
 
Algo a ter en conta é que deste proceso de estabilización derivanse dous procesos selectivos.
 
◾️ Un primeiro que consistirá nun Concurso de Méritos onde se ofertan 1155 prazas repartidas entre as distintas especialidades dos distintos corpos, tal e como poderedes comprobar no dossier (páxinas 2 a 9)
 
◾️ Un segundo que consistirá nun Concurso-Oposición, cun sistema de oposición extraordinario que consistirá en dúas probas non eliminatorias, a elaboración dun tema e a preparación, presentación, exposición e defensa dunha Unidade Didáctica. Neste proceso ofértanse 125 prazas repartidas entre as distintas especialidades dos distintos corpos, tal e como poderedes comprobar no dossier (páxinas 10 a 14).
 
Agardamos que esta información vos aclare un pouquiño.
Ánimo a todos e a polo novo curso.💪😉
Scroll al inicio