Policía Local. Lugares e datas do segundo e terceiro exercicio.

| Convocatorias |

No DOG do 3 de decembro nomeouse tribunal para xulgar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda libre, e se fan públicas as datas, as horas e os lugares de realización do segundo e terceiro exercicio.

O segundo exercicio, consistente na avaliación do coñecemento da lingua galega, se realizará na sede da Agasp, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra), o día 9 de decembro de 2018, en chamamento único, que se iniciará ás 10.30 horas.

As persoas aspirantes que teñen que realizar a dita proba deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

O terceiro exercicio consistente nas probas de aptitude física levarase a cabo o día 23 de decembro de 2018, iniciándose o chamamento único ás 9.30 horas nas pistas de atletismo da USC sitas na avenida de Novoa Santos, 4, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), e ás 16.30 horas, tamén en chamamento único, na piscina da USC sita no Campus Vida, avenida das Burgas, s/n, 15705 en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que teñan que realizar estas probas acudirán coa roupa e calzado adecuados para o seu desenvolvemento, deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e entregarán ao tribunal un informe sobre o estado de saúde en que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para realizar os exercicios físicos, que deberá ter sido expedido dentro dos 15 días inmediatamente anteriores á data de realización destas probas.

As probas que se van realizar son:

– Comprobación da estatura.

– Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

– Proba de potencia de tren superior (homes: flexións de brazos; mulleres: suspensión en barra).

– Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

– Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

– Proba de natación: 25 metros estilo libre.