Policia local. Grupos de perfeccionamento. Convocatoria conxunta para toda Galicia.

| Actualidade |
A Xunta fará unha convocatoria única coas prazas de policías locais de todos os concellos.En NÓS OPOSICIÓNS, iniciamos a preparación de grupos de PERFECCIONAMENTO DE POLICÍA LOCAL no centro da Coruña.

CARACTERÍSTICAS DA PREPARACIÓN:

  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, tendo superada a oposición. En algún caso foron membros de Tribunais de oposición de Policía Local.
  • Preparador parte Teórica: Policía Local en activo, Licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas, e ampla experiencia na                 preparación de oposicións de Policía Local.
  • Preparación Parte Física: Funcionario en activo, Licenciado en INEF, ampla experiencia na preparación de oposicións de Policia Nacional, Policía Local e Garda Civil. Preparación no pavillón de Riazor.
  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados con referencias lexislativas.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a unha semana de clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas clases.

 

Informate sen ningun compromiso.

  • A CORUÑA: 981 927 420
  • SANTIAGO: 981 938 727