Educadores/as Infantís Rede A Galiña Azul

Comezo grupo preparación Santiago de Compostela: 04 de xuño.

Temario

Parte Común:

1. A Constitución Española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois.
2. Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. A lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres e a Lei 2/2007, do 28 de marzo do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
3. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Os seus Estatutos. O Regulamento de Réxime interior das Galescolas. A Lei galega de Servizos sociais.

Parte Específica.

1. Visións actuais da infancia desde as ciencias humanas. As necesidades básicas da infancia. Os dereitos da infancia. Papel, funcións e tarefas do/a educador/a infantil.
2. Desenvolvemento e coidados. A saúde na infancia: antes do nacemento da nena ou do neno; no bebé acabado de nacer e nas crianzas nos seus primeiros anos de vida (0 – 3 anos).
3. As enfermidades infecciosas e a súa prevención. Enfermidades transmisibles. Enfermidades frecuentes na etapa de 0 a 3 anos.
4. Hixiene. Adquisición de hábitos de limpeza e hixiene na etapa de 0 a 3 anos.
5. Alimentación e nutrición dos 0 aos 3 anos. Trastornos relacionados coa
alimentación.
6. Os accidentes na infancia e a súa prevención.
7. O descanso dos nenos de 0 a 3 anos. Ritmos do sono.
8. A psicoloxía evolutiva na educación infantil de 0 a 3 anos.
9. Educación infantil: desenvolvemento cognitivo e motor.
10. Educación infantil: comunicación, expresión e linguaxe.
11. Educación infantil: desenvolvemento afectivo, emocional e social.
12. A organización do espazo, os materiais e o tempo como recursos didácticos. Características espaciais da escola infantil. A distribución do tempo.
13. A entrada da/o nena/o no centro infantil. O período de adaptación. O papel da persoa adulta no proceso de adaptación ao centro infantil.
14. Deseño e animación de experiencias educativas na etapa 0-3 anos. Métodos e recursos para a dinamización educativa das aprendizaxes relacionadas coa comunicación, a expresión (verbal, xestual, plástica, musical, lóxico-matemática) e ligadas ao medio físico, natural e sociocultural.
15. O xogo e a súa metodoloxía na etapa 0-3 anos.
16. Temas transversais na educación infantil: a resolución pacífica de conflitos, o coidado do ambiente, educación para a saúde, educación viaria.
17. A educación para a igualdade como elemento transversal nas estratexias educativas. Lei galega para a igualdade de homes e mulleres: implicacións no currículo da educación infantil.
18. A situación sociolingüística en Galicia: definición e descrición. Papel dinamizador da escola. A normalización lingüística como elemento transversal nas estratexias educativas.
19. A lexislación lingüística no ensino infantil: a Lei de normalización lingüística e o Decreto 329, do 28 de xullo de 2005, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. O Plan xeral de normalización da lingua galega.
20. O papel da familia no desenvolvemento das nenas e dos nenos. Pautas para unha adecuada relación familia-escola. O labor titorial e a comunicación coas familias. Canles ou vías de comunicación.
21. Atención á diversidade. As necesidades específicas de apoio educativo. As respostas dende a escola a estas necesidades. A importancia da atención temperá.
22. A avaliación. Funcións, estratexias e recursos para levala a cabo.
23. O Proxecto Educativo de Centro. Funcións e elementos que o forman. O proceso de elaboración do PEC.
24. A Lei Orgánica de Educación (LOE). Normativa en vigor relacionada coa Educación Infantil en Galicia. LOMCE.