Cociña e Limpeza

Publicada O.P.E. 2020. 29-12-2020.

Grupos de preparación:

  • A Coruña: Comezo: Marzo 2021.

preparación desenvolverase de xeito mixto, e dicir, o alumno/a pode asistir presencialmente aos nosos centros ou seguir as clases en directo dende onde desexe a través da aplicación Google Meet. Todo elo desenvolvido por un equipo docente de máxima solvencia e con ampla experiencia na preparación de opositores.

Infórmate sen compromiso chamando a calquera dos nosos centros e lembra que terás dúas clases de proba para que poidas comprobar a calidade e rigor da nosa preparación e dos nosos equipos de preparadoras. Se non che convence a nosa preparación non terás nada que abonar por esas dúas clases de proba.

Temario
Parte Común

Tema 1. A Constitución española de 1978: Títulos Preliminar, I, II, e Capítulo I do Título III.

Tema 2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia: Títulos Preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución, execución.

Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas: Títulos Preliminar, I, II e III.

Tema 4. Lei 1/2016 de 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno: Título Preliminar, Título I: Capítulos I, II, IV, V e Título II: Secciones 1, 2 e 3 do Capítulo I.

Tema 5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: Títulos I, III, IV e VI.

Tema 6.Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: Título Preliminar, Título I: Capítulos I e II.

Parte Específica.

Tema 1. A lavandería. Fases e normas xerais de lavado. O lavado dos texidos de cor. O branqueo da roupa. O pasado do ferro: clasificación da roupa. O pasado do ferro máquina. A costura da roupa.

Tema 2.Factores que hai que ter en conta na limpeza de cuartos, baños e zonas comúns nun centro residencial. Tipo de utensilios e produtos necesarios para su realización.

Tema 3. Elaboración e condimentación de menús sinxelos e funcións de auxilio ao xefe e aos oficiais de cociña na elaboración dos máis complexos. Factores que hai que ter en conta para colocar e servir as mesas dos comensais. Tipos de dieta, segundo as necesidades dos usuarios.

Tema 4.Procesos de limpeza para o mantemento en perfectas condicións dos utensilios e accesorios propios do departamento de cociña, tales como placas, fornos, marmitas, tixolas etc.