Auxiliar de Clínica

Auxiliar de Clínica.

Comezo Grupo de Preparación: A Coruña, Abril 2019.

 

Sistema de Acceso

Concurso-Oposición.

Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das cales vinte (20) corresponderán á parte común do programa e sesenta (60) á parte específica, mais cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderan á parte común do programa e tres (3) á parte específica e que substituirán as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde. Cada pregunta conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha será a correcta.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta (60) preguntas da parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.

As preguntas versarán sobre o contido do programa que figura como anexo I desta orde.

O exercicio terá unha duración de cento corenta (140) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos sete (7) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

 

Segundo exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante a cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

Ao remate da proba cada persoa aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado.

 

Requisitos de Acceso.

Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de técnico/a auxiliar de clínica (FP 1º), técnico/a auxiliar de enfermaría (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) ou técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (FP de grao medio, familia profesional sanidade).

 

Temario.

Parte común:

Tema 1. A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.

Tema 2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

Tema 4. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

Tema 5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV, VI.

Tema 6. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.

Tema 7. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

Tema 8. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

 

Parte específica:

Tema 1. Fundamentos da enfermaría. Ética e moral profesional. A enfermaría dentro do sistema sociosanitario.

Tema 2. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (título preliminar e título I) Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (título preliminar, título I e título II). Os servizos sociais da Comunidade Autónoma.

Tema 3. Plan de atención individual e plan de coidados: definicións. Escalas de valoración funcional de actividades básicas e actividades instrumentais da vida diaria: índice de Barthel, índice de Katz e índice de Lawton.

Tema 4. Coidados básicos de enfermaría. Pautas de hixiene ordinaria nos distintos tipos de pacientes. Baño. Coidados xerais: úlceras, dentadura, uñas. Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Diurese. Alimentación e hidratación do enfermo.

Tema 5. A persoa con coidados paliativos: habilidades no seu coidado e na relación co paciente e cos seus familiares. Recollida de mostras biolóxicas para análises (esputo, feces e ouriños). Transferencias na cama e formas de facer a cama. Clasificación de produtos de apoio.

Tema 6. Xeriatría. Particularidades e coidados no paciente xeriátrico.

Tema 7. O papel do auxiliar no coidado e manexo do enfermo con problemas de saúde mental. Trastornos da memoria. Demencias. Estados depresivos. Estados confusionais. O enfermo axitado. O enfermo delirante. O sono e os seus trastornos.

Tema 8. Funcións e signos vitais. Primeiros auxilios. Trastornos que xeran invalidez motora, sensorial ou mixta de carácter transitorio ou definitivo.

Tema 9. Técnicas básicas na nutrición: clasificación, hixiene e manipulación. Papel da auxiliar de enfermaría no manexo da medicación e suplementos nutricionais. Eliminacións do paciente: sondaxe, osteotomías e enemas.

Tema 10. Habilidades para o coidado das persoas con enfermidade mental, déficits sensoriais e afectación cognitiva.