A1+A2

PREPARACIÓN GRUPO A1+A2 XUNTA DE GALICIA.
  • Inicio grupo maio.
  • Preparación mixta. Clase presencial e virtual (emisión en directo con interacción co docente e resto de alumnado).
  • Clases presenciais: Centro Nós A Coruña (Sede A Fábrica)
  • Posibilidade de alternar clase presencial ou virtual cada semana según elección do alumno/a.
  • Equipo de tres preparadoras de referencia no seu ámbito profesional e na preparación de opositores.
  • Equipo complementado con outros profesionais que impartirán algunha parte máis específica.
  • Dúas clases de proba. En caso de non estar satisfeito coa preparación ou non adaptarse ás túas necesidades poderás darte de baixa e non terás nada que aboar.

 

Se estás interesado chama ao 981 927 420 ou 881 99 39 69

OPE 2020 (DOG 29-12-2020). Consúltaa aquí.

 

Convocatoria A1  do 26 de novembro de 2019.

Convocatoria A2 do 26 de novembro de 2019.

 

Temario A1
Parte Xeral.

Bloque I.

Tema 1. Constitución española de 27 de decembro de 1978.

Tema 2. Lei orgánica 2/1979, de 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.

Tema 3. Ley orgánica 3/1981, del Defensor del Pueblo.

Tema 4. Lei orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Contas.

Tema 5. Lei 50/1997, de 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.

Tema 6. Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 7. Lei 1/1983, de 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia.

Tema 8. Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Tema 9. Lei 6/1984, de 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia.

Tema 10. Lei 3/2014, de 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

Tema 11. Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística.

Tema 12. Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Tema 13. Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiación das comunidades autónomas.

 

Bloque II.

Tema 14. Lei 9/2007, de 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

Tema 15. Lei 5/2011, de 30 de setembro do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (títulos preliminar a V).

Tema 16. Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tema 17. Decreto lexislativo 1/1999, de 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Tema 18. Real decreto 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Tema 19. Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Tema 20. Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Tema 21. Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.

Tema 22. Real decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V sección 1ª e capítulo VIII do título I e título II.

Tema 23. Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Tema 24. Lei 9/2017, de contratos do sector público. Libros I e II.

Tema 25. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema 26. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Parte Específica.

Bloque I. Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.

Tema 1. As fontes do dereito: teoría xeral e regulación no Código civil. Articulación do sistema de fontes: principios de xerarquía e competencia.

Tema 2. O dereito obxectivo. As normas xurídicas; caracteres, estrutura e clases. Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas.

Tema 3. O tempo no dereito obxectivo: ámbito temporal das normas. O tempo en relación cos dereitos subxectivos e as accións: prescrición e caducidade. Cómputo do tempo. Eficacia espacial das normas.

Tema 4. A persoa como suxeito do dereito. A personalidade xurídica. Persoas físicas: adquisición e perda da personalidade. Capacidade de obrar. As persoas xurídicas.

Tema 5. O dereito civil galego. A Lei de dereito civil de Galicia. Principais institucións do dereito civil galego.

Tema 6. As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

Tema 7. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade reglamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

Tema 8. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

Tema 9. A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxección e deber do administrado.

Tema 10. O principio de legalidade da Administración: a súa construcción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regladas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial, o control da fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

Tema 11. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

Tema 12. A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

Tema 13. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.

Tema 14. Actos administrativos en particular: a licencia, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.

Tema 15. O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.

Tema 16. A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: o reparto competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. O procedemento expropiatorio xeral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.

Tema 17. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.

Tema 18. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

 

Bloque II. Unión Europea.

Tema 19. A Unión Europea tralo Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.

Tema 20. A organización da Unión Europea (I): o Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.

Tema 21. A organización da Unión Europea (II): o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.

Tema 22. O orzamento comunitario. Os fondos estructurais. A cohesión económica e social.

Tema 23. As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.

 

Bloque III. Dereito autonómico xeral e dereito local.

Tema 24. A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.

Tema 25. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cese. As función do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

Tema 26. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal.

Tema 27. A Administración institucional. Entidades que a integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. A axencias.

Tema 28. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

Tema 29. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional; estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do estatuto respecto ás demais normas do Estado e da comunidade autónoma.

Tema 30. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 31. A interpretación do estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

Tema 32. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artículo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artículo 149.3. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.

Tema 33. As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da comunidade autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

Tema 34. A concurrencia normativa entre o Estado e a comunidade autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.

Tema 35. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da comunidade autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

Tema 36. A colaboración entre o Estado e a comunidade autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da comunidade autónoma.

Tema 37. Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas

Tema 38. O municipio: organización y competencias. La provincia: organización y competencias. Otras entidades locales.

 

Bloque IV. Dereito administrativo especial.

Tema 1. Organización territorial. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación galega vixente en materia de réxime local.

Tema 2. Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia; réxime xeral. A Policía de Galicia. As policías locais; a súa coordinación. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil, emerxencias, xogos e apostas.

Tema 3. A planificación económica de Galicia. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito.

Tema 4. A Administración e o medio ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Evaluación de impacto ambiental e réxime dos residuos. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 5. Ordenación do territorio. O deseño competencial na materia. Réxime urbanístico do chan. Clasificación. Plans de ordenación.

Tema 6. Acción administrativa en relación coa vivenda. Competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Chan. Normativa autonómica en materia de vivenda.

Tema 7. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Carreteras: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

Tema 8. Augas terrestres. Competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Utilización de dominio público hidráulico.

Tema 9. Costas. Competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 10. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xurídico da actividade comercial en Galicia.

Tema 11. A intervención administrativa en materia de consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.

Tema 12. Investigación, desenvolvemento e innovación. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. Minas. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación.

Tema 13. A Administración da Xunta de Galicia e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria. O sistema universitario galego.

Tema 14. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria e farmacéutica de Galicia. O Servizo Galego de Saúde: organización e competencias.

Tema 15. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O turismo. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 16. Traballo e emprego. Delimitación de competencias estatais e autonómicas. Cooperativas. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 17. Servizos sociais. Infancia; familia; maiores; dependentes.

Tema 18. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade.

Tema 19. Políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Tema 20. Acción administrativa en materia de agricultura e gandeiría. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 21. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. A prevención de incendios forestais. Os montes veciñais en man común.

Tema 22. Pesca, marisqueo e cultivos mariños. Competencias da Xunta de Galicia. Ordenación xurídica e réxime das sancións.

Tema 23. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión; a Compañía de Radio Televisión de Galicia. A emigración. Os deportes.

Bloque V. Dereito orzamentario e dereito tributario, laboral e Seguridade Social.

Tema 24. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

Tema 25. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.

Tema 26. Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Devengo e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

Tema 27. Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obriga. Pago. Control dos gastos contractuais.

Tema 28. Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.

Tema 29. O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.

Tema 30. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

Tema 31. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

Tema 32. O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

Tema 33. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

Tema 34. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.

Tema 35. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

Tema 36. Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

Tema 37. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.