Técnico Imaxe para o Diagnóstico (Raios)

Técnico Imaxe para o Diagnóstico (Raios):

Comezo grupos preparación:

  • A Coruña, 4 de xuño.
  • Santiago, 8 de xuño.

 

Sistema de acceso

 Oposición 60%

Proba 1 – eliminatoria (180 minutos)

Exame Preguntas Valoración
Preguntas teóricas 50 preguntas tipo test Ata 50 puntos
Suposto práctico 50 preguntas tipo test

Proba 2 (15 minutos)

Exame Preguntas Valoración
Parte común 10 preguntas tipo test Ata 5 puntos

 Proba 3 (15 minutos*)

Exame Preguntas Valoración
Lingua Galega 10 preguntas tipo test Ata 5 puntos

*Estarán exentos de esta proba os aspirantes que acrediten posuír o Celga.

Concurso 40%

Formación: 20 % (8 puntos)

  • Académica (segundo notas):

-Diplomatura ou grao

-Posgrao

  • Continuada:

Asistencia a cursos de formación (por hora): 0,03 puntos

Experiencia: 70 % (28 puntos)

Por cada mes completo: 0,3 puntos/mes

Outras actividades: 10 % (4 puntos)

 

Metodoloxía

  • Clases en horario intensivo (4 horas de clase semanais) + (45 minutos para o test).
  • Temas: Explicación de cada un dos temas por parte de docentes especialistas na materia.
  • Test: Resolución e corrección de exames de cada un dos temas.
*2 clases de proba

Temario

Parte común

Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e a súa Presidencia. A Administración Pública galega.
Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o Sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.
Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I,
II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas institucións sanitarias.
Tema 8. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral
contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

 

Parte Específica.

Tema 1. Servizo de radioloxía e medicina nuclear: estrutura, organización e funcións. Servizo de admisión, atención ao paciente e documentación clínica.
Tema 2. Concepto de asepsia, antisepsia, esterilización e desinfección. Concepto de saúde e enfermidade. A infección hospitalaria: medidas preventivas no servizo de radioloxía e medicina nuclear.
Tema 3. Relación técnico especialista-paciente. Técnicas de comunicación e habilidades sociais. Problemática e atención de pacientes afectados de discapacidade física ou psíquica, pacientes senís e pacientes oncolóxicos. Técnicas de mobilización de pacientes.
Tema 4. Programa de garantía de calidade no servizo de radioloxía e medicina nuclear. Control de calidade en aspectos clínicos. Control de calidade do equipamento. Programa de mantemento.
Tema 5. Física das radiacións: conceptos e tipos de radiacións ionizantes. Interacción das radiacións ionizantes coa materia. Fontes e equipos xeradores de radiacións ionizantes utilizadas nas unidades de radioloxía e medicina nuclear. Magnitudes e unidades radiolóxicas.
Tema 6. Detección e medida das radiacións: fundamentos. Detectores utilizados nas instalacións de radioloxía e medicina nuclear. Dosimetría ambiental e persoal.
Tema 7. Radiobioloxía: radiosensibilidade, resposta celular sistémica e orgánica. Efectos xenéticos e somáticos da radiación.
Tema 8. Protección radiolóxica: protección radiolóxica operacional. Regulamento da protección sanitaria fronte ás radiacións ionizantes.
Tema 9. Equipamentos de diagnóstico por imaxe: radioloxía convencional intervencionista, tomografía computerizada, resonancia magnética e ultrasonografía. Principios de tomografía computerizada e resonancia magnética: fundamentos físicos, aplicacións e indicacións. Estudos e técnicas de exploración con TC e RMN. Ultrasonografía. Bases e fundamentos físicos. Ultrasonografía en 2, 3 e 4 dimensións. Vantaxes. Inconvenientes.
Tema 10. Outras exploracións radiolóxicas: Ortopantomografía, dacriocistografía, sialografía, fistulografía, densitometría, linfografía, flebografía, anxioTAC, anxioRM.
Tema 11. Equipamentos de medicina nuclear: gammacámara e tomografía de emisión de positróns (PET).
Tema 12. Xestión de material radioactivo: recepción, almacenamento e manipulación. Xestión de residuos en radioloxía: clasificación, transporte, eliminación e tratamento. Segregación de residuos e envasado. Xestión de residuos radioactivos nas unidades de medicina nuclear.
Tema 13. Contrastes radiolóxicos. Tipos. Indicacións. Precaucións xerais na súa utilización. Utilidade en TC e RM.
Tema 14. Sistemas de imaxe na radioloxía convencional. Película radiográfica: revelado e fixado. Sistemas dixitais de imaxe.
Tema 15. Radioloxía de urxencias, coidados intensivos e quirófanos. O paciente politraumatizado, o seu manexo e prioridades exploratorias.
Tema 16. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración radiolóxica das extremidades e articulacións. Tipos de fracturas. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 17. Anatomía radiolóxica e técnica de exploración da columna e articulacións. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 18. Anatomía radiolóxica e técnica de exploración da rexión cranial. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 19. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tórax. Conceptos xerais sobre a patoloxía pulmonar. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición

Tema 20. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do aparello xenito-urinario. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 21. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do abdome, con e sen medios de contraste. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 22. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración da mama. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 23. Radioloxía do sistema biliar. Colecistografía oral. Colaxiografía intravenosa. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 24. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tracto dixestivo superior. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 25. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tracto dixestivo inferior. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 26. Arteriografía, flebografía e anxiografía dixital: técnicas de exploración radiolóxica. Factores de exposición: quilovoltaxe,  iliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 27. Anxiografía cerebral. Técnica radiolóxica. As súas contraindicacións.
Tema 28. Radioloxía pediátrica. Estudo do/da prematuro/a e do/da lactante. Coidados e consideracións especiais. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 29. Técnicas radiolóxicas usadas para o estudo cardíaco. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 30. Primeros auxilios no servizo de radioloxía e medicina nuclear. Actuacións ante situacións de emerxencia: parada cardíaca, hemorraxias, reaccións alérxicas e responsabilidade do/da técnico en radioloxía.
Tema 31. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.