Traballo Social

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS

PERSOAL DE TRABALLO SOCIAL

TITULACIÓN REQUERIDA

Título de diplomada/o en Traballo Social ou graduada/o nunha titulación equivalente da rama de ciencias sociais e xurídicas.

PROCESO SELECTIVO

Segundo última convocatoria

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

  • Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, relacionado co anexo I do programa. O exercicio dividirase en dous partes:
    • A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de corenta (40) preguntas da parte xeral.
    • A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento dez (110) preguntas da parte específica, das que noventa e cinco (95) preguntas serán de contido teórico e quince (15) serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

Segundo exercicio (exentos Celga 4)

  • Consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal e a tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
TEMARIO

TEMARIO

Parte xeral.

  1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.
  2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.
  3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.
  4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da Administración dixital de Galicia: título preliminar e título I capítulo I.
  5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar capítulos III e IV.
  6. Lei 16/2010, do 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar e título I.
  7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.
  8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
  9. 9Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I. E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
  10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.
  11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

Parte específica.

  1. Políticas actuais do Estado de benestar. Concepto de xustiza social. Definición internacional de traballo social (FITS, 2014). Construción histórica do traballo social no marco do proceso e desenvolvemento do benestar social en España.
  2. Marco legal dos servizos sociais: Constitución española, Estatuto de autonomía, normativa reguladora de réxime local.
  3. A Lei de servizos sociais de Galicia: estrutura e contido.
  4. Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia: obxecto e estrutura.
  5. Voluntariado e acción social non gobernamental. Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
  6. Teorías contemporáneas do traballo social. Modelos da práctica profesional. Correntes profesionais.
  7. O método e a metodoloxía en traballo social. Evolución histórica da metodoloxía en traballo social. Reconceptualización e revisión dos métodos clásicos. Formulacións actuais: a estrutura básica de procedemento. Fases do proceso metodolóxico.
  8. A planificación social no traballo social: plan, programa e proxecto.
  9. Técnicas en traballo social: de coñecemento, de diagnóstico, de intervención e de avaliación. Instrumentos específicos en traballo social: ficha social, informe social, escalas de valoración social e proxecto de intervención social. Xestión das emocións na aplicación das técnicas e instrumentos no desenvolvemento profesional do traballo social.
  10. O traballo social individual. Evolución histórica da intervención individual. Natureza, filosofía, valores e principios. Modelos na intervención individual. Diagnóstico. Deseño da intervención. Técnicas fundamentais.
  11. O traballo social familiar. A familia concepto e tipos. Os novos tipos de familia. Familia e crise. A familia multiproblema. O enfoque sistémico na intervención con familias: conceptos craves. A estrutura familiar. Os ciclos vitais. Características da entrevista sistémica. O proceso de axuda.
  12. O traballo social en rede. Orixe e concepto de rede. Tipoloxía da rede. Características das redes. Funcións da rede social. Obxectivos do traballo en rede. Fases da intervención. O traballo interdisciplinar na intervención social complexa.
  13. O traballo social de grupo. Concepto e evolución da intervención grupal en traballo social. Tipos de grupos. Elementos estruturais do grupo. Etapas da vida do grupo. Liderazgo-comunicación-conflito e negociación no grupo. As dinámicas de traballo no grupo. Obxectivos e papel da traballadora social dinamizadora do grupo.
  14. Traballo social comunitario. Concepto. Modelos de intervención en traballo social comunitario. Fases metodolóxicas: análise da comunidade, diagnóstico participativo, elaboración do proxecto de intervención, negociación e implantación, avaliación continua e final.
  15. A/o traballador/a social como compoñente dun equipo de traballo interdisciplinar: principios básicos, fundamento e funcións. Conceptos básicos: interprofesionalidad, multidisciplinariedad, interdisciplinariedad e transdisciplinariedad.
  16. A entrevista en traballo social. Tipoloxías e técnicas aplicables. Transferencia e contra transferencia na relación profesional. A visita domiciliaria en traballo social: encadre e estrutura.
  17. A investigación social. Técnicas e aplicacións no traballo social. O informe da investigación.
  18. A ética e a deontología en traballo social. O Código deontolóxico das/os profesionais do traballo social: principios básicos e xerais e ámbito de aplicación. Relación cos/as usuarios/as, profesionais e institucións. Integración e autodeterminación das persoas usuarias no proceso de intervención.
  19. O Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais. Concepto, programas básicos e compromisos. Administracións implicadas: cooperación e coordinación.
  20. O traballo social nos servizos sociais comunitarios básicos. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
  21. Os servizos sociais especializados. Concepto. Competencias. Organización. Programas. Equipamentos.
  22. Normativa reguladora vixente do sistema de protección á infancia e a adolescencia autonómica: ámbitos de actuación. Concepto e tipoloxías de familia. Principios reitores e competencias. Actuacións e medidas de prevención. Dereitos e deberes do/da menor. O interese superior do/da menor. O principio de mínima intervención.
  23. Niveis de atención en familia, menores e adolescentes: indicadores e actuación en situacións de risco e desamparo. Niveis e medidas de intervención e criterios de aplicación de apoio á familia (garda, tutela administrativa e común). Recursos.
  24. Menores en conflito social. Menores infractores. Regulamento para a execución das medidas xudiciais privativas e non privativas de liberdade. Medidas educativas correctoras. Conciliación ou reparación entre o/a menor e a vítima.
  25. Adopción: nacional. Dereitos do/da menor adoptada. Competencias en materia de adopción. Requisitos da/do adoptante. Valoración de idoneidade. A intervención coa familia de orixe.
  26. Os malos tratos á infancia: definición e tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención #ante os malos tratos infantís. Prevención. Detección e tratamento social. Protocolo de actuación #ante os malos tratos infantís.
  27. A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
  28. O traballo social no ámbito xudicial e forense. Instituto de Medicina Legal (Imelga). O papel do/da traballador/a social nas unidades de valoración forense integral (UVFI). Institucións sanitarias de servizos sociais.
  29. Normativa autonómica de prevención e tratamento da violencia de xénero. Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Protocolos de actuación. Equipamentos, programas e recursos.
  30. Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales en Galicia.
  31. Diversidade funcional. Tipoloxía. Equipos de valoración: recoñecemento do grao de discapacidade. Accesibilidade: a contorna como medio facilitador do desenvolvemento biopsicosocial. Recursos orientados á prevención e ao tratamento. O papel da/do profesional de traballo social na acción integradora a nivel familiar, laboral, educativa, de lecer e tempo libre.
  32. Traballo social e persoas maiores. Aspectos demográficos e sociais do envellecemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Recursos e equipamentos: tipoloxía. O traballo social coas persoas maiores na comunidade e nas institucións: valoración e intervención. Vulnerabilidade e malos tratos nas persoas maiores.
  33. O sistema galego de atención á dependencia. Definición de dependencia. Ámbito de actuación. Estrutura, composición e funcionamento dos equipos de valoración de dependencia.
  34. O papel do/da traballador/a social no proceso de valoración de dependencia e na elaboración do Programa individual de atención (PIA). Catálogo de servizos e prestacións de atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
  35. Traballo social e inclusión social: situacións de vulnerabilidade e cronicidade. O traballo social e o sinhogarismo. Grupos de poboación máis vulnerables. Características. Recursos, servizos e prestacións.
  36. Movementos migratorios: a poboación migrante con necesidades de atención social. Migracións e clases sociais. Papel da iniciativa social. O traballo social nesta contorna.
Scroll al inicio