Auxiliar de Clínica
DATOS INFORMATIVOS:
- Organismo: Xunta de Galicia
- Prazas: 55 Prazas (OEP 2022 + OEP 2023) Acceso libre
- Convocatoria: Pendente
- Sistema selectivo: Oposición
METODOLOXÍA NÓS:
Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:
- Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
- Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
- Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
- Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
- Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
- APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
- Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición
SOLICITA INFORMACIÓN
Formulario de Información
"*" señala los campos obligatorios
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
- OEP 2019 + OEP 2021 – Convocatoria do 4 de abril de 2022 – 54 prazas libres
- OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 18 prazas concurso-oposición
- + OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 208 prazas só concurso
- OPE 2022 + OEP 2023 – Convocatoria aínda non publicada – 55 prazas
TITULACIÓN REQUERIDA
Título de técnico/a auxiliar de clínica (FP 1º), técnico/a auxiliar de enfermería (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) ou técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (FP de grao medio, familia profesional sanidade).
PROCESO SELECTIVO
PROCESO SELECTIVO (segundo a última convocatoria)
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 140 minutos
- Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, das que vinte (20) corresponderán á parte común do programa e sesenta (60) á parte específica, máis cinco (5) preguntas de reserva, das que dúas (2) corresponderán á parte común do programa e tres (3) á parte específica.
- As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte común.
- Cualificarase de 0 a 60 puntos. Mínimo 30 puntos.
- Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 40 minutos
- Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das que só una delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante a cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.
- Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
- Este exercicio valorarase como apto ou non apto.
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente.
TEMARIO
TEMARIO: 18 temas (segundo a última convocatoria)
Parte común
- A Constitución española de 1978: título preliminar, I, II e VIII.
- Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar, I, II, III, IV e V.
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
- Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.
Parte específica
- Fundamentos da enfermería. Ética e moral profesional. A enfermería dentro do sistema sociosanitario.
- Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia (título preliminar e título I), Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (título preliminar, título I e título II). Os servizos sociais da Comunidade Autónoma.
- Plan de atención individual e plan de coidados: definicións. Características e uso da ferramenta CENPOS.
- Coidados básicos de enfermería. Pautas de hixiene ordinaria nos distintos tipos de pacientes. Baño. Coidados xerais: úlceras, dentadura, uñas. Mantemento e coidados de próteses dentais, auditivas e oculares.
- Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Diuresis. Eliminacións do paciente: sondaxe, osteotomías e enemas. Tipoloxía e manexo de cueiros. Coidados e manexo de enfermo con sondaxe vesical, sondaxe nasogástrico, PEG e ostomías.
- Xeriatría. Particularidades e coidados no paciente xeriátrico. A persoa con coidados paliativos: habilidades no seu coidado e na relación co paciente e os seus familiares.
- Recollida de mostras biolóxicas para análises (esputo, feces e ouriños). Transferencias na cama e formas de facer a cama. Axudas técnicas e clasificación de produtos de apoio. Tipoloxía e uso de guindastres, guindastres de bipedestación e outras axudas nas transferencias. Axudas á deambulación e a súa manexo.
- O papel do auxiliar no coidado e manexo do enfermo con problemas de saúde mental. Demencias. Estados depresivos. Estados confusionales. O enfermo axitado. O enfermo delirante. O soño e os seus trastornos. Habilidades para o coidado das persoas con enfermidade mental, déficits sensoriais e afectación cognitiva.
- Funcións e signos vitais. Primeiros auxilios. Trastornos que xeran invalidez motora, sensorial ou mixta de carácter transitorio ou definitivo.
- Alimentación e hidratación do enfermo. Técnicas básicas na nutrición: clasificación, hixiene e manipulación. Papel da auxiliar de enfermería no manexo da medicación e suplementos nutricionais.