Fisioterapia
DATOS INFORMATIVOS:
- Organismo: Sergas
- Prazas: 70 Prazas (35 libres)
- Convocatoria: Convocatoria publicada o 4 de xaneiro de 2023 · DOG 03 de 04/01/2023
- Sistema selectivo: Concurso Oposición
METODOLOXÍA NÓS:
Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:
- Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
- Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
- Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
- Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
- Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
- APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
- Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición
SOLICITA INFORMACIÓN
Formulario de Información
"*" señala los campos obligatorios
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
OFERTAS E CONVOCATORIAS
- OPE 2020 + 2021 + 2022 Ord + 2022 Extraordinaria – Convocatoria publicada o 4 de xaneiro de 2023 (DOG 3 de 04/01/2023) – Concurso-oposición 70 prazas (35 libres)
- OPE 2022 Extraordinaria – Convocatoria publicada o 5 de xaneiro de 2023 (DOG 4 de 05/01/2023) – Só concurso 14 prazas
TITULACIÓN REQUERIDA
Posuír dentro do prazo de presentación de solicitudes o título de Título universitario oficial de grao en Fisioterapia, diplomatura universitaria en Fisioterapia ou título de Enfermería coa especialidade de Fisioterapia, expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Para titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
PROCESO SELECTIVO
A fase de oposición consistirá de Fisioterapia do SERGAS, segundo a última convocatoria publicada, consistirán na realización de 3 exercicios.
Primeiro exercicio (eliminatorio)
- Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dous partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:
- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.
- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
- Este exercicio valorarase de 0 a 50 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
- Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do seu valor.
Segundo exercicio (obrigatorio non eliminatorio)
- Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa, nun prazo máximo de 15 minutos.
- Este exercicio valorarase de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
- O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas uno a oito, ambos os incluídos) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, fóra daqueles/as que participen pola quenda de promoción interna, que estarán exentos/as da súa realización. O exercicio da parte específica do programa terá carácter obrigatorio e eliminatorio.
- Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.
Terceiro exercicio (obrigatorio non eliminatorio)
- Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega por parte dos/as aspirantes, nun prazo máximo de 15 minutos.
- Este exercicio valorarase de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
- Estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignarán 5 puntos.
TEMARIO
Parte I. Lexislación
- A Constitución española. Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
- Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
- A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
- A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.
- O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
- Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
- A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Parte II. Específico
- Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios/as. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos/as beneficiarios/as no prezo dos medicamentos.
- Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O secreto profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto pola autonomía do paciente.
- Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico-técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.
- Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fuentes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.
- Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.
- Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.
- Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.
- Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.
- Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.
- Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
- Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e medidas que se deben adoptar.
- A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Criterios para a elaboración de programas de educación para a saúde. Grupos de autoaxuda: concepto.
- Unidades de fisioterapia de atención especializada: coordinación da actividade fisioterapéutica cos distintos servizos e departamentos do hospital. Coordinación entre niveis asistenciais: protocolos conxuntos. Unidades de fisioterapia en atención primaria: consulta fisioterápica, coordinación cos equipos de atención primaria. Sala de fisioterapia. Fisioterapia grupal e atención comunitaria.
- Metodoloxía de intervención en fisioterapia asistencial. Aspectos do diagnóstico fisioterapéutico: entrevista clínica, exploración física. Definición de problemas, obxectivos e plans de actuación. Discapacidade, deficiencia e minusvalía: concepto.
- Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención especializada: historia clínica. Rexistros específicos de actividade en atención primaria e atención especializada. Informe ao alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde: características xerais.
- Cinesiología: eixos e planos do corpo. Movementos articulares elementais. Goniometría articular: concepto, rexistro, técnicas goniométricas e amplitudes articular dos MM.SS. MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular.
- Fisioterapia respiratoria. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: EPOC e asma. Cirurxía cardiorrespiratoria e outras cirurxías.
- Fisioterapia en pacientes críticos. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico: pacientes en UCI. Parada cardiorrespiratoria. Obstrución da vía aérea. Reanimación cardiopulmonar básica.
- Fisioterapia en traumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. Fisioterapia no deporte: técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.
- Fisioterapia nas patoloxías osteoarticulares e de partes brandas. Algias crónicas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.
- Fisioterapia nas malformacións conxénitas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.
- Fisioterapia na reumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: artropatías inflamatorias, reumatismos dexenerativos, periartritis escapulohumeral.
- Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso central: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes do sistema nervioso central: síndromes neurolóxicas, lesións da medula espinal, lesións cerebrais.
- Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso periférico: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas afeccións máis frecuentes: poliomielitis anterior aguda, lesións do plexo braquial e membro inferior, parálises periféricas tronculares.
- Fisioterapia en pediatría: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas afeccións máis frecuentes. Intervención fisioterapéutica en atención temperá. Valoración e métodos de tratamento fisioterapéutico da parálise cerebral (PC); valoración dos trastornos motores e dos trastornos asociados. Educación terapéutica do PC.
- Fisioterapia no ancián: valoración fisioterapéutica, escalas de actividades da vida diaria (AVD), actividades de prevención e promoción. Atención fisioterapéutica no ancián discapacitado. Os accidentes no ancián: caídas e outros riscos. Plan xerontolóxico nacional: xeneralidades.
- Fisioterapia no adulto. Plan fisioterapéutico personalizado en pacientes con hipertensión (HTA), diabetes, obesidade e risco cardiovascular. Técnicas de fisioterapia na recuperación e rehabilitación do chan pélvico #ante patoloxías e disfuncións do aparello genitourinario.
- Fisioterapia en patoloxías vasculares periféricas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Paciente amputado.
- Fisioterapia nas alteracións da aliñación vertebral. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico.
- Cinesiterapia: concepto e modalidades. Principios xerais, indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia pasiva e activa. Definición e tipos. Efectos terapéuticos, indicacións e contraindicacións.
- Cinesiterapia activa-resistida. Definición. Métodos de potenciación muscular. Indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia activa específica: exercicios de Codman, Buerger, Frenkel, Chandler e Propiocepción.
- Electroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Clasificación das correntes eléctricas máis utilizadas en fisioterapia. Ensamblaxe entre o aparello de electroterapia e o paciente: factores que se deben valorar. Normas de seguridade no manexo de aparellos de electroterapia.
- Técnicas electroterápicas con correntes de baixa, media e alta frecuencia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Factores que hai que ter en conta na dosaxe das diferentes técnicas electroterápicas.
- Ultrasonoterapia, laserterapia, magnetoterapia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Técnicas de aplicación.
- Masoterapia. Concepto, indicacións e contraindicacións. Efectos terapéuticos. Técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, fricción, presión, amasamiento, vibración e percusión. Técnicas especiais de masoterapia: masaxe transverso profundo, drenaxe linfático manual e masaxe do tecido conjuntivo: efectos fisiolóxicos e terapéuticos, técnicas específicas, indicacións e contraindicacións.
- Mecanoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Equipamentos especiais: utilidades e aplicacións.
- Suspensioterapia e poleoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Utilidades e aplicacións.
- Avaliación da marcha normal e patolóxica. Reeducación nas diferentes patoloxías.
- Termoterapia e crioterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Formas de propagación da calor. Termorregulación: estímulo térmico e frío. Técnicas de aplicación, efectos fisiolóxicos e terapéuticos.
- Hidroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Tipos de auga. Temperatura da auga. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Técnicas hidroterápicas: baños, compresas e envolturas, ablucións, procesos hidrocinéticos.
- Fisioterapia nas algias vertebrais. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Escola de costas: hixiene postural e prevención. Terapias manuais.
- A vendaxe funcional: concepto e aplicacións. Material necesario. Métodos. Indicacións e contraindicacións.
- Hixiene hospitalaria. Antisépticos/desinfectantes. Papel do fisioterapeuta na prevención e control de infeccións hospitalarias. Illamento hospitalario.