Enfermaría

DATOS INFORMATIVOS:

  • Organismo: Sergas
  • Prazas: 818 Prazas (OEP 2023)
  • Convocatoria: Pendente
  • Sistema selectivo: Concurso – oposición

METODOLOXÍA NÓS

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición.

 

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Título universitario oficial de grao en Enfermería, diplomatura universitaria de Enfermería ou título equivalente.

PROCESO SELECTIVO

Fase de oposición (máximo 60 puntos) (segundo a última convocatoria)

1º Exercicio * (Obrigatorio e eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 150 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa do anexo II. As preguntas, de contido teórico ou práctico, estarán relacionadas coas competencias profesionais e as funcións propias da categoría.
  • Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración algunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
  • Para superar este exercicio deberá obterse unha puntuación do 35 % do seu valor (17,500 puntos).

*A nota de corte do exercicio da parte específica redúcese con respecto a convocatorias precedentes, pasando do 50 % ao 35 %, manténdose as porcentaxes do 60 % e 40 % da fase de oposición e concurso, respectivamente, como en anteriores procesos.

2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas uno a oito, inclusive).
  • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.

3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Cuestionario tipo test de 10 preguntas, máis 2 de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
  • Cualificarase de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 4 ou equivalente.

Fase de concurso (máximo 40 puntos)

Os méritos para ter en conta na fase de concurso deste proceso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

  • FORMACIÓN ACADÉMICA E CONTINUADA: máximo 8 puntos (20%). Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestadística e metodoloxía da investigación valoraranse, en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
  • EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%).
  • OUTRAS ACTIVIDADES: máximo 4 puntos (10%).
TEMARIO

TEMARIO: 50 temas (segundo a última convocatoria)

Temario común

  1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
  2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
  3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
  4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.
  5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
  6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
  7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
  8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Temario específico

  1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.
  2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O secreto profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.
  3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico-técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.
  4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fuentes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.
  5. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.
  6. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.
  7. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades e apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.
  8. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
  9. Xestión e planificación dos servizos sanitarios: concepto. Organización dos coidados de enfermería en atención primaria e atención hospitalaria: centro de saúde, comunidade, hospital. Consulta de enfermería. Coordinación entre niveis asistenciais. Carteira de servizos: concepto.
  10. Atención domiciliaria: concepto e etapas da visita domiciliaria. Coordinación entre atención primaria, atención hospitalaria e servizos sociais. Programas específicos de atención domiciliaria: programas de atención a pacientes inmobilizados e terminais.
  11. Marco conceptual e modelos de enfermería: xeneralidades. Teoría das necesidades humanas: concepto. Teoría de autocuidado: concepto. Proceso de atención de enfermería (PAE): etapas do PAE. Plan de coidados enfermeiros: concepto e estrutura. Diagnósticos de enfermería: concepto e tipos de taxonomía.
  12. Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención hospitalaria: historia clínica. Rexistros específicos de actividade de enfermería en atención primaria e atención hospitalaria. Informe de enfermería no momento do alta hospitalaria e do ingreso. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP-2, CIE-10 e NANDA): características xerais.
  13. Prevención da enfermidade e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Programas de saúde: definición. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e coidados de enfermería. Inmunizacións: concepto. Clasificación e tipos de vacinas. Contraindicacións. Complicacións. Conservación, administración e pautas de vacinación.
  14. A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Técnicas de educación para a saúde para o fomento do autocuidado e promoción da saúde do paciente, coidador principal e familia.
  15. Hixiene en centros sanitarios: conceptos xerais. Antisépticos, Desinfectantes. Esterilización. O servizo de esterilización. Preparación e tipos de material para esterilizar, métodos de esterilización. Manipulación e conservación do material estéril. Infección nosocomial. Medidas preventivas. Illamento hospitalario: concepto, tipos e descrición. Xestión de residuos sanitarios.
  16. Desenvolvemento da conduta humana: etapas do desenvolvemento. Tipos de personalidade. Hábitos. Motivación. Factores socioculturais: a súa incidencia na saúde. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado. Valoración de enfermería do comportamento humano e a súa aplicación nos coidados de enfermería.
  17. Sexualidade. Reprodución. Métodos anticonceptivos. Menopausa. Prevención de enfermidades de transmisión sexual. Interrupción voluntaria do embarazo.
  18. Valoración e coidados de enfermería na muller gestante: eliminación, hixiene e cambios fisiolóxicos. Educación maternal. Problemas máis frecuentes durante a xestación. Valoración e coidados de enfermería na puérpera: cambios fisiolóxicos e psicolóxicos. Lactación natural.
  19. Valoración e coidados de enfermería do neno san de 0 a 14 anos. Probas metabólicas. Etapas do desenvolvemento infantil. Parámetros de desenvolvemento e crecemento. Resposta evolutiva. Medidas para o fomento da saúde nas diferentes etapas: hixiene, alimentación e nutrición, dentición. Hixiene e saúde bucodental: prevención da carie. Prevención de accidentes infantís. Detección de malos tratos. Vacinación na infancia.
  20. Valoración e coidados de enfermería do neno enfermo. Neonato de baixo peso e prematuro. Crise convulsivas nos nenos. Insuficiencia respiratoria aguda. Problemas gastrointestinales agudos. Deshidratación. Outros problemas máis frecuentes. Procedementos e técnicas de enfermería. Problemas derivados do ingreso do neno no hospital.
  21. Valoración e coidados de enfermería nos pacientes con procesos infectocontagiosos: hepatite, tuberculose, SIDA e meninxite. Outros procesos infecciosos. Procedementos e técnicas de enfermería. Medidas de prevención e control.
  22. Valoración e coidados de enfermería no ancián. Principais cambios no proceso de envellecemento: fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención de accidentes e deterioración cognitivo. Hábitos dietéticos. Orientación para o autocuidado. Principais problemas. Valoración da situación familiar e social.
  23. Valoración e coidados de enfermería no enfermo terminal. Principais problemas. Dor: características e escalas de medida. Duelo: tipo e manifestacións. Apoio ao coidador principal e familia.
  24. Valoración e coidados de enfermería ás persoas con problemas de saúde mental: alzheimer e outras demencias. Outras alteracións psíquicas. Prevención e control #ante o risco de suicidio. Valoración da situación familiar e social. O apoio ao coidador principal e familia. Drogodependencias. Plan de trastornos adictivos de Galicia.
  25. Valoración e coidados de enfermería #ante situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicacións. Parada cardiorrespiratoria: definicións e medidas de actuación. Reanimación cardiopulmonar básica e avanzada. Urxencias e emerxencias: concepto.
  26. Clasificación xeral dos medicamentos. Absorción e eliminación dos fármacos. Toxicidade e efectos colaterais. Farmacovigilancia. Condicións de conservación dos medicamentos.
  27. Administración de medicamentos. Precaucións previas á administración dun fármaco. Vías de administración: definición e tipos. Puntos de elección, técnicas e problemas máis frecuentes. Cálculo de dose.
  28. Alimentación e nutrición: concepto e diferenciación. Clasificación dos alimentos. Elaboración de dietas. Dietas terapéuticas. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas de desnutrición, deshidratación, anorexia, bulimia, obesidade e sobrepeso.
  29. Valoración e coidados de enfermería en persoas con nutrición enteral e parenteral. Técnicas de administración. Protocolos de actuación.
  30. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas neurolóxicos: accidente cerebrovascular, epilepsia. Outros problemas do sistema nervioso. Procedementos e técnicas de enfermería.
  31. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas respiratorios: insuficiencia respiratoria aguda, enfermidade pulmonar obstructiva crónica. Outros problemas broncopulmonares. Procedementos de enfermería: osixenoterapia e outras técnicas.
  32. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas cardiovasculares: insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio, hipertensión arterial. Outros problemas cardiovasculares. Procedementos e técnicas de enfermería.
  33. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas no sistema renal: insuficiencia renal aguda. Outros problemas renais e urológicos. Procedementos e técnicas de enfermería. Cateterismo vesical: concepto, indicacións e contraindicacións da sondaxe vesical.
  34. Valoración e coidados de enfermería ás persoas con problemas endocrinolóxicos: diabetes. Outros problemas. Procedementos e técnicas de enfermería.
  35. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas no sistema músculo-esquelético. Principais problemas do aparello locomotor. Procedementos de enfermería: vendaxes, inmobilizacións e outras técnicas.
  36. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas gastrointestinales: abdome agudo, úlcera gastroduodenal. Outros problemas gastrointestinales. Procedementos e técnicas de enfermería.
  37. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas dos órganos dos sentidos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermería.
  38. Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas oncolóxicos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermería. Medicamentos antineoplásicos: clasificación e efectos secundarios. Medicamentos coadxuvantes. Manipulación de medicamentos citostáticos.
  39. Valoración e coidados de enfermería do paciente cirúrxico: preoperatorio, intraoperatorio e posquirúrgico. Cirurxía maior ambulatoria e cirurxía menor en atención primaria. Procedementos de enfermería: drenaxes, curas e outras técnicas.
  40. Valoración e coidados de enfermería nas feridas crónicas e agudas (úlceras por presión, lesións cutáneas por humidade, úlceras en membros inferiores, úlceras neoplásicas, feridas traumáticas, queimaduras, cirúrxicas): concepto, factores de risco, localización. Procesos de formación e estadíos. Escalas de valoración de risco. Medidas de prevención e tratamento.
  41. Atención ao paciente crónico. Visión, bases e desenvolvemento estratéxico. Coidados de enfermería en pacientes crónicos e familiares.
  42. Perspectiva de xénero. Saúde e xénero. Morbilidade diferenciada. Violencia de xénero: prevención, detección e actuación por parte dos/as profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Data textos legais: Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Scroll al inicio