Auxiliar de Enfermaría

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Título de técnico/a auxiliar de clínica (FP 1º), técnico/a auxiliar de enfermería (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) ou técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (FP de grao medio, familia profesional sanidade).

PROCESO SELECTIVO

Fase de oposición (máximo 60 puntos)

1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 150 minutos
    • Primeira parte: Cuestionario de 50 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, sobre o contido teórico da parte específica do programa.
    • Segunda parte: Caso práctico de 50 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
  • Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 35% do valor do mesmo (17.500).
  • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.
  • Cualificación: de 0 a 50 puntos.

2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas 1 ao 8, inclusive).
  • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
  • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.

3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 30 minutos
  • Cuestionario tipo test de 5 preguntas, máis 1 de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
  • Cualificarase de 0 a 5 puntos.
  • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente non terán penalización.

* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente.

Fase de concurso (máximo 40 puntos)

  • FORMACIÓN ACADÉMICA E CONTINUADA: máximo 8 puntos (20%)
    • Os cursos de prevención de riscos, xestión clínica, bioestadística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
    • Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.
  • EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%).
  • OUTRAS ACTIVIDADES: máximo 4 puntos (10%).
TEMARIO

TEMARIO: 30 temas

Temario común

  1. A Constitución Española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
  2. Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
  3. A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións Públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
  4. A Lei de saúde de Galicia: O sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: Disposicións que a regulan.
  5. O Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
  6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: Réxime de provisión e selección de prazas.
  7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
  8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: Capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Temario específico

  1. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo evaluativo. Dimensións da calidade asistencial. Estrutura, proceso e resultado.
  2. Actividades do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería nas institucións sanitarias. Coordinación entre niveis asistenciais. Concepto: coidados, necesidades básicas e autocuidados. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado.
  3. Documentación sanitaria: clínica e non clínica. Sistemas de información: xeneralidades. Servizo de admisión e atención ao usuario: funcionamento. O consentimento informado: concepto. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O secreto profesional: concepto e regulación xurídica.
  4. Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Prevención de accidentes no paciente. Inmunizacións: concepto. Vacinas: tipos, conservación e almacenamento. Educación para a saúde: concepto e técnicas didácticas.
  5. Habilidades de comunicación e relación interpersoal. Apoio e axuda ao/á paciente e familia. Traballo en equipo.
  6. Nocións básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
  7. Necesidades de hixiene no/a neonato/a e adulto/a. Concepto. Hixiene xeral e parcial: da pel e capilar. Técnica de hixiene do paciente encamado/a: total e parcial. Técnica de baño asistido.
  8. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería ao paciente encamado/a: posición anatómica e aliñamento corporal. Procedementos de preparación das camas. Cambios posturales. Drenaxes e catéteres: manipulación e coidado. Técnicas de deambulación. Técnicas de mobilización e traslado.
  9. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería na preparación do/da paciente para a exploración: posicións anatómicas e materiais médico-cirúrxicos de utilización máis común. Atención pre e post operatoria.
  10. Constantes vitais: concepto. Procedemento de toma de constantes vitais. Gráficas e rexistros. Balance hídrico.
  11. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería nas necesidades de eliminación: xeneralidades. Recollida de mostras: tipos, manipulación, características e alteracións. Sondas, ostomías, enemas: tipos, manipulación e coidados.
  12. Procedementos de recollida e conservación para o transporte de mostras biolóxicas. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.
  13. Os alimentos: clasificación, hixiene e manipulación. Alimentación do/da lactante. Dietas terapéuticas: concepto e tipos. Vías de alimentación enteral e parenteral: concepto. Administración de alimentos por sonda nasogástrica.
  14. Vías de administración dos medicamentos: oral, rectal e tópica. Precaucións para a súa administración. Condicións de almacenamento e conservación. Caducidade. Atención do/da auxiliar de enfermería ao paciente con osixenoterapia: métodos de administración de osíxeno e precaucións.
  15. Hixiene nos centros sanitarios: medidas de prevención da infección hospitalaria. Normas de seguridade e hixiene. Concepto de illamento no hospital: procedementos de illamento e prevención de enfermidades transmisibles.
  16. Concepto: infección, desinfección, asepsia e antisepsia. Desinfectantes e antisépticos: mecanismos de acción dos desinfectantes. Métodos de limpeza e desinfección do material e instrumental sanitario. Cadea epidemiolóxica da infección nosocomial. Barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiales. Esterilización: concepto. Métodos de esterilización segundo os tipos de material. Tipos de controis. Manipulación e conservación do material estéril.
  17. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería ao/á enfermo/a terminal. Apoio ao /á coidador/a principal e familia. Coidados post mortem.
  18. Úlceras por presión: concepto. Proceso de formación, zonas e factores de risco. Medidas de prevención.
  19. Primeiros auxilios en situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicación, feridas, hemorraxias, asfixias. Concepto de urxencias e emerxencias. Reanimación cardiopulmonar básica. Mantemento e reposición do material necesario (carro de parada).
  20. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería ao enfermo con problemas de saúde mental. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermería ao enfermo con problemas de toxicomanías (alcoholismo e drogodependencias). Técnicas de inmobilización.
  21. Atención e coidados na persoa anciá. Concepto de ancianidade, cambios físicos asociados ao envellecemento. Apoio a promoción da saúde e educación sanitaria. Medidas de apoio á persoa coidadora do/da ancián/a dependente. Atención ao/á paciente con demencia.
  22. Aplicación local de frío e calor: indicacións. Efectos sobre o organismo. Procedementos e precaucións.

Os textos legais serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento do tribunal de cualificación.

Scroll al inicio