Mestre/a de Pedagoxía Terapeútica

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Supostos prácticos: Traballo continuado dos diferentes tipos de suposto con resolución dos mesmos.
  • Temas: Explicación do total do temario. Temario elaborado e revisado polos nosos docentes.
  • Plan de apoio e os programas: Elaboración pautada e seguimento tanto na programación como nas unidades didácticas.
  • Exames periódicos e defensas e exposicións na aula. Realización de simulacro.
  • Lexislación: Clases complementarias para a preparación da Lexislación
  • Aula Virtual: para que poidas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Posibilidade de preparación de todas as probas totalmente online

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Consulta as titulacións afíns a cada especialidade na Orde do 2 de outubro de 2023

PROCESO SELECTIVO

Fase de Concurso

  • A fase concurso consta dos méritos que achegue o aspirante. Os méritos que se valoran son: formación académica, experiencia docente previa e outros méritos. Ten un peso de 1/3.

Fase de Oposición

  • Consta de dúas partes e cada parte ten dúas probas.
  • PARTE A
    • Proba práctica: Propoñerase un exercicio práctico relacionado coas temáticas da especialidade.
    • Proba de desenvolvemento teórico do tema: Esta parte consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante.
  • PARTE B
    • Presentación e defensa ante o tribunal dunha programación didáctica.
    • Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.
TEMARIO
  • Tema 1 – A evolución da educación especial en Europa nas últimas décadas: da institucionalización e do modelo clínico á normalización de servizos e ao modelo pedagóxico.
  • Tema 2 – A educación especial no marco da LOGSE. O seu desenvolvemento normativo. O concepto de alumnos con necesidades educativas especiais.
  • Tema 3 – O proceso de identificación e valoración das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas e a súa relación co currículo. Decisións de escolarización. A avaliación do proceso educativo e criterios de promoción para estes alumnos.
  • Tema 4 – O centro ordinario e a resposta ás necesidades especiais dos alumnos e das alumnas. O Proxecto Educativo e o Proxecto Curricular en relación con estes alumnos. As adaptacións curriculares.
  • Tema 5 – O centro específico de Educación Especial: Características do Proxecto Educativo e do Proxecto Curricular. Referentes básicos e criterios para a súa elaboración.
  • Tema 6 – A orientación no proceso educativo dos alumnos e das alumnas con necesidades educativas especiais. Estrutura e organización e función da orientación destes alumnos.
  • Tema 7 – Os recursos materiais e persoais para a atención dos alumnos e das alumnas con necesidades educativas especiais. Recursos da escola. Recursos externos á escola. Colaboración entre servizos específicos e servizos ordinarios.
  • Tema 8 – O mestre de educación especial. Funcións. Modalidades de intervención. Relación do mestre de educación especial co resto dos mestres do centro e cos Servizos de apoio externos á escola.
  • Tema 9 – A participación da familia na educación dos alumnos e das alumnas con necesidades educativas especiais. Leitos de participación. O papel dos pais na toma de decisións respecto ao proceso de escolarización destes alumnos.
  • Tema 10 – Os alumnos e as alumnas de Educación Infantil. Desenvolvemento evolutivo nos diferentes ámbitos: motor, cognitivo, lingüístico, afectivo e social. Alteracións no desenvolvemento.
  • Tema 11 – As necesidades educativas especiais na etapa de Educación infantil. A resposta educativa ás necesidades especiais destes alumnos no proxecto curricular e nas programacións. As adaptacións curriculares.
  • Tema 12 – Os alumnos e as alumnas de Educación Primaria. Desenvolvemento evolutivo nos diferentes ámbitos: motor, cognitivo, lingüístico, afectivo e social. Alteracións no desenvolvemento.
  • Tema 13 – As necesidades educativas especiais na Etapa da Educación Primaria. A resposta educativa ás necesidades especiais destes alumnos no proxecto curricular e nas programacións. As adaptacións curriculares.
  • Tema 14 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia auditiva. Aspectos diferenciais nas distintas áreas do desenvolvemento. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos. Sistemas de detección do déficit auditivo.
  • Tema 15 – Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares para alumnos e alumnas con deficiencia auditiva. Axudas técnicas para a deficiencia auditiva. Organización da resposta educativa.
  • Tema 16 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia visual. Aspectos diferenciais nas distintas áreas do desenvolvemento. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos. Aproveitamento da visión residual.
  • Tema 17 – Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares para alumnos e alumnas con deficiencia visual. Utilización de recursos educativos e axudas técnicas. Organización da resposta educativa.
  • Tema 18 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia motora. Aspectos diferenciais nas distintas áreas do desenvolvemento. Os alumnos con deficiencia motora e outras deficiencias asociadas. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.
  • Tema 19 – Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares para alumnos e alumnas con deficiencia motora. Organización da resposta educativa.
  • Tema 20 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia mental. Aspectos diferenciais nas distintas áreas do desenvolvemento. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.
  • Tema 21 – Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares para alumnos e alumnas con deficiencia mental. Organización da resposta educativa.
  • Tema 22 – Os problemas de comportamento no ámbito educativo. Análise dos factores que interveñen desde unha perspectiva interactiva. O papel da escola na prevención dos problemas de comportamento.
  • Tema 23 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con autismo ou con outras alteracións graves da personalidade. A identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.
  • Tema 24 – Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares para os alumnos e alumnas con autismo ou con outras alteracións graves da personalidade. Organización da resposta educativa.
  • Tema 25 – Os alumnos e as alumnas precoces, con talento e superdotados. Identificación das necesidades educativas destes alumnos. Organización da resposta educativa.
MOSTRA DO MATERIAL
Scroll al inicio