Mestre/a de Primaria

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Supostos prácticos: Traballo continuado dos diferentes tipos de suposto con resolución dos mesmos.
  • Temas: Explicación do total do temario. Temario elaborado e revisado polos nosos docentes.
  • Programación e Unidades didácticas.
  • Exames periódicos e defensas e exposicións na aula. Realización de simulacro.
  • Lexislación: Clases complementarias para a preparación da Lexislación
  • Aula Virtual: para que poidas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Posibilidade de preparación de todas as probas totalmente online.

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Consulta as titulacións afíns a cada especialidade na Orde do 2 de outubro de 2023

PROCESO SELECTIVO

Fase de Concurso

  • A fase concurso consta dos méritos que achegue o aspirante. Os méritos que se valoran son: formación académica, experiencia docente previa e outros méritos. Ten un peso de 1/3.

Fase de Oposición

  • Consta de dúas partes e cada parte ten dúas probas.
  • PARTE A
    • Proba práctica: Propoñerase un exercicio práctico relacionado coas temáticas da especialidade.
    • Proba de desenvolvemento teórico do tema: Esta parte consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante.
  • PARTE B
    • Presentación e defensa ante o tribunal dunha programación didáctica.
    • Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.
TEMARIO
  1. Características básicas de desenvolvemento psico-evolutivo dos nenos e nenas dos seis aos doce anos. Aspectos cognitivos, motrices, afectivos e sociais. Implicacións no desenvolvemento do proceso educativo e de ensino-aprendizaxe.
  2. A concreción dos currículos no marco do proxecto educativo do centro. Programación docente para dar resposta ás diferentes necesidades do alumnado: principios pedagóxicos que se deben ter en conta, estratexias para o seu desenvolvemento no ciclo, curso e aula. Coordinación docente.
  3. Titorías en Educación Primaria. Apoio e orientación no proceso de aprendizaxe. Colaboración coas familias. Funcións do titor en relación co equipo docente e outros profesionais. O plan de acción titorial. Propostas de acción titorial. 
  4. A atención á diversidade do alumnado. Principios e estratexias. Medidas organizativas, curriculares e didácticas. Alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Medidas educativas específicas.
  5. A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria. Características, estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación. Promoción e plans específicos de reforzo.
  6. As tecnoloxías da información e a comunicación. Intervención educativa para o seu uso e aplicación nas diferentes áreas de coñecemento.
  7. A área de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural na Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.
  8. Construción da noción de tempo histórico na educación primaria. Ámbitos de estudio de procesos e feitos históricos. A aprendizaxe das grandes etapas históricas da humanidade. Utilización de documentos: orais, escritos e restos materiais. Intervención educativa.
  9. O contorno e a súa conservación. Relacións entre os elementos dos ecosistemas, factores de deterioración e rexeneración. Capacidade dos seres humanos para actuar sobre a natureza. Intervención educativa.
  10. A aprendizaxe dos fenómenos físicos e os cambios químicos. Planificación e realización de experiencias para o estudio das propiedades, características e comportamento da materia e da enerxía.
  11. A área de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.
  12. A área de Educación Artística na Educación Primaria como área integrada: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.
  13. As diferentes linguaxes e técnicas artísticas. Intervención educativa na elaboración de composicións plásticas e imaxes: planificación, deseño e organización do proceso; selección e uso de materiais e técnicas.
  14. A área de Lingua Castelá e Literatura na Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Desenvolvemento da competencia comunicativa noutras áreas do currículo.
  15. A intervención educativa na reflexión sistemática sobre a linguaxe na Educación Primaria en relación coas condicións de uso: o contexto comunicativo, os ámbitos de uso e o texto. A adquisición da lectura e da escritura.
  16. A educación literaria no contexto escolar. Manifestacións literarias máis importantes aplicadas á Educación Primaria. Técnicas e estratexias de uso da literatura infantil e xuvenil. A biblioteca escolar e a biblioteca de aula como recursos didácticos na educación literaria.
  17. Proceso de adquisición e desenvolvemento da linguaxe na Educación Primaria: comprensión e expresión oral, elementos non lingüísticos que acompañan á comunicación oral. Estratexias de intervención educativa.
  18. Desenvolvemento e características do proceso lector na Educación Primaria. Técnicas e estratexias de comprensión lectora en diferentes situacións de comunicación e con distintos tipos de textos. Lectura: plans de fomento e estratexias de intervención educativa.
  19. Desenvolvemento da expresión escrita na Educación Primaria. Métodos e estratexias de aprendizaxe. Composición de diferentes textos escritos. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. Estratexias de intervención educativa.
  20. A área de Matemáticas en Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.
  21. Resolución de problemas. Diferentes clases e métodos de resolución. Planificación, xestión de recursos, representación, interpretación e avaliación de resultados. Estratexias de intervención educativa.
  22. Aprendizaxe dos números e o cálculo numérico. Números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais. Sistemas de numeración. Relación entre os números. Operacións de cálculo e procedemento deste (cálculo escrito, mental, estimación e calculadora). Intervención educativa.
  23. As magnitudes e a súa medida. Unidades e instrumentos de medida. Estimación e aproximación nas medicións. Recursos didácticos e intervención educativa.
  24. Evolución da percepción espacial na Educación Primaria. Elementos formas e relacións xeométricas no contorno: clasificación e representación. Intervención educativa.
  25. Recollida, organización e representación da información. Táboas de datos Tipos de gráficos. Aplicacións nas distintas áreas e na interpretación de datos. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para o tratamento de datos.
MOSTRA DO MATERIAL
Scroll al inicio