Mestre/a de Educación Física
DATOS INFORMATIVOS:
- Organismo: Xunta de Galicia
- Prazas: 40 prazas
- Convocatoria: Convocatoria Orde 31/01/2024 Publicada no DOG 32 de 14/02/2024
- Sistema selectivo: Concurso · Oposición
METODOLOXÍA NÓS:
Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:
- Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
- Supostos prácticos: Traballo continuado dos diferentes tipos de suposto con resolución dos mesmos.
- Temas: Explicación do total do temario. Temario elaborado e revisado polos nosos docentes.
- Programación e Unidades didácticas.
- Exames periódicos e defensas e exposicións na aula. Realización de simulacro.
- Lexislación: Clases complementarias para a preparación da Lexislación
- Aula Virtual: para que poidas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
- Posibilidade de preparación de todas as probas totalmente online.
SOLICITA INFORMACIÓN
Formulario de Información
"*" señala los campos obligatorios
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA
Consulta as titulacións afíns a cada especialidade na Orde do 2 de outubro de 2023
PROCESO SELECTIVO
Fase de Concurso
- A fase concurso consta dos méritos que achegue o aspirante. Os méritos que se valoran son: formación académica, experiencia docente previa e outros méritos. Ten un peso de 1/3.
Fase de Oposición
- Consta de dúas partes e cada parte ten dúas probas.
- PARTE A
- Proba práctica: Propoñerase un exercicio práctico relacionado coas temáticas da especialidade.
- Proba de desenvolvemento teórico do tema: Esta parte consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante.
- PARTE B
- Presentación e defensa ante o tribunal dunha programación didáctica.
- Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.
TEMARIO
- Tema 1 – Concepto de Educación Física: evolución e desenvolvemento das distintas concepcións.
- Tema 2 – A Educación Física no Sistema Educativo: Obxectivos e contidos. Evolución e desenvolvemento das funcións atribuídas ao movemento como elemento formativo.
- Tema 3 – Anatomía e fisioloxía humana implicadas na actividade física. Patoloxías relacionadas co aparello motor. Avaliación e tratamento no proceso educativo.
- Tema 4 – O crecemento e o desenvolvemento neuromotor, óseo e muscular. Factores endóxenos e exógenos que repercuten no desenvolvemento e crecemento. Patoloxías relacionadas co crecemento e a evolución da capacidade do movemento. Avaliación e tratamento no proceso educativo.
- Tema 5 – A saúde e a calidade de vida. Hábitos e estilos de vida saudable en relación coa actividade física. O coidado do corpo. Autonomía e autoestima.
- Tema 6 – Capacidades físicas básicas, a súa evolución e factores que inflúen no seu desenvolvemento.
- Tema 7 – Coordinación e equilibrio. Concepto e actividades para o seu desenvolvemento.
- Tema 8 – A aprendizaxe motora. Principais modelos explicativos da aprendizaxe motora. O proceso de ensino e de aprendizaxe motora. Mecanismos e factores que interveñen.
- Tema 9 – Habilidades, destrezas e tarefas motrices. Concepto, análise e clasificación. Actividades para o seu desenvolvemento.
- Tema 10 – Avaliación das capacidades motrices en relación co desenvolvemento evolutivo xeneral. Educación sensomotriz e psicomotriz nas primeiras etapas da infancia.
- Tema 11 – O esquema corporal, o proceso de lateralización. Desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.
- Tema 12 – A expresión corporal no desenvolvemento da área de Educación Física. Manifestacións expresivas asociadas ao movemento corporal. Intervención educativa.
- Tema 13 – O xogo como actividade de ensino e de aprendizaxe na área de Educación Física. Adaptacións metodolóxicas baseadas nas características dos xogos, na área de Educación Física.
- Tema 14 – Os deportes. Concepto e clasificacións. O deporte como actividade educativa. Deportes individuais e colectivos presentes na escola: aspectos técnicos e tácticos elementais; a súa didáctica.
- Tema 15 – A Educación Física e o deporte como elemento sociocultural. Xogos e deportes populares, autóctonos e tradicionais. As actividades físicas organizadas no medio natural.
- Tema 16 – Principios de sistemática do exercicio e elementos estruturais do movemento. Sistemas de desenvolvemento da actividade física (analíticos, naturais, rítmicos…)
- Tema 17 – Desenvolvemento das capacidades físicas básicas na idade escolar. Factores, entrenables e non entrenables. A adaptación ao esforzo físico nos nenos e nas nenas.
- Tema 18 – O desenvolvemento das habilidades. Principios fundamentais do adestramento. Adecuación do adestramento na actividade física nos ciclos de Educación Primaria.
- Tema 19 – Recursos e materiais didácticos específicos da área de Educación Física: clasificación e características que han de ter en función da actividade física para as que se han de utilizar. Utilización dos recursos da Comunidade.
- Tema 20 – Organización de grupos e tarefas: A planificación de actividades de ensino e aprendizaxe na área de Educación Física: modelos de sesión.
- Tema 21 – Alumnos con necesidades educativas especiais. Características xerais dos tipos e graos de minusvalías: motoras, psíquicas, sensoriais, en relación coa actividade física.
- Tema 22 – O desenvolvemento motor e perceptivo do neno discapacitado. A integración escolar como resposta educativa. Implicacións na área de Educación Física.
- Tema 23 – Métodos de ensino en Educación Física. Adecuación aos principios metodolóxicos da Educación Primaria.
- Tema 24 – A avaliación da Educación Física na Educación Primaria. Avaliación do proceso de aprendizaxe e do proceso de ensino: mecanismos e instrumentos. Función dos criterios de avaliación de etapa.
- Tema 25.- A coeducación e igualdade dos sexos no contexto escolar e na actividade de Educación Física. Estereotipos e actitudes sexistas na Educación Física. Intervención Educativa.