OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO XUNTA DE GALICIA 2016
No DOG do 7/3/2016 publicouse a Oferta de Emprego Público da Xunta de Galicia para o ano 2016.
- AUXILIAR DE ENFERMARÍA
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO
- CAMAREIRO-LIMPADOR
Infórmate sen ningún compromiso
QUE CHE OFRECEMOS EN NÓS OPOSICIÓNS?. O NECESARIO PARA PREPARAR A OPOSICIÓN:
TEMARIOS: Temarios propios, con referencias bibliográficas e lexislativas actualizadas.
TEST: Cada semana o alumnado ten un test para realizar ao inicio da clase que posteriormente se corrixirá por parte do docente.
PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo.
ORGANIZACIÓN DA PREPARACIÓN:
CLASES: Teñen un carácter intensivo de duración 4.30 horas aproximadamente e son unha vez á semana ben en horario semanal de tarde ou os sábados en horario de mañá.
TRABALLO CO GRUPO: En cada sesión semanal traballaranse de forma dinámica e participativa: explicación do temario por parte do preparador/a, aclaración de dúbidas, correción de test
SIMULACROS: Unha vez rematada a explicación de todos o temario, realizarase un simulacro global de todos os temas. Nos posteriores repasos volverase a facer un test global. Igualmente ao rematar cada bloque temático farase un simulacro do mesmo. Para moitos destes simulacros empregaremos a plataforma para darlle maior flexibilidade ao alumnado para poder realizalo.
PLANIFICACIÓN: A comezo da preparación entregarémos un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición.
CONDICIÓNS
COMPROMISO: A seguridade no noso traballo e compromiso co alumnado lévanos a que asinemos un “contrato” no momento en que o opositor/a comece a preparación, no que nos comprometemos a levar a cabo o que publicitamos.
CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a dúas clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas dúas clases.
COMEZO DA PREPARACIÓN: O comezo dos distintos grupos, está previso para setembro de 2016.
MATRÍCULA E MENSUALIDADE GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 31 de xullo de 2016, e continúe de xeito ininterrompido a preparación en NÓS OPOSICIÓNS ata xullo de 2017 e estea ao día nos pagos, non terá que aboar a mensualidade de xullo de 2017 e ademais terá matrícula gratuíta.
DATOS PARA A REFLEXIÓN E A TOMA DE DECISIÓNS:
A nosa experiencia e os resultados son o maior aval, transmitidos a través do noso alumnado que son a mellor publicidade.
O feito de superar unha oposición e obter unha praza:
- Asegúrache un futuro laboral estable.
- Dache a posibilidade de poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal
- Poderás contribuir co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.
PERO TEN EN CONTA QUE:
“Preparar unha oposición é unha tarefa dificil complexa e longa, para a cal tes que estar comprometido e concienciado e onde en moitas ocasións vaste poñer ao límite das túas posibilidades.
Pero con traballo e esforzo máis tarde ou máis cedo o éxito chega e ese instante permanecerá inexquecible na túa memoria coma unha experiencia vital de loita, superación e satisfacción.”