A Xunta de Galicia vén de propoñer ás organizacións sindicais a aprobación dunha Oferta de Emprego Público (OEP) para 2021 no eido da Administración Xeral con máis de 1.000 prazas de acceso libre.
En total, a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2021 ascende a 1.370 prazas, das que 1.006 son de acceso libre; 204 prazas para a promoción interna e 160 postos para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo da Xunta pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UGT.
O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de auxiliares de clínica con 138 prazas; na escala de axentes técnicos facultativos con 101 prazas na especialidade en xardín de infancia; ou na escala de técnicos facultativos con 19 na especialidade de enfermería. Tamén se inclúen 49 prazas para a escala de enxeñeiros técnicos; 45 prazas na escala de enxeñeiros; 35 para a escala de ciencias; ou 13 prazas para a escala de xerocultor. A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.
En canto ao eido administrativo, destacan 79 prazas para o corpo superior (A1), 81 para o corpo de xestión (A2), 51 para o corpo administrativo (C1), 61 para o corpo auxiliar (C2) e 47 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).
ACCESO LIBRE (1.006 PRAZAS)
ADMINISTRACIÓN XERAL |
TOTAL
|
Corpo superior (subgrupo A1) |
79
|
Escala de letrados (A1) |
4
|
Escala de sistemas e tecnoloxía da información (A1) |
16
|
Escala superior de finanzas (A1) |
9
|
Escala superior de estatísticos (A1) |
4
|
Corpo de xestión (subgrupo A2) |
81
|
Escala técnica de finanzas (A2) |
10
|
Corpo administrativo (Subgrupo C1) |
51
|
Corpo auxiliar (subgrupo C2) |
61
|
Escala de persoal de servizos xerais (PSX) (C2) |
28
|
Agrupación profesional de persoal subalterno (grupo AP) |
47
|
Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (AP) |
50
|
ADMINISTRACIÓN ESPECIAL |
TOTAL |
Corpo facultativo superior (subgrupo A1) |
|
Escala de enxeñeiros (A1) |
45
|
Escala de arquitectos (A1) |
2
|
Escala de veterinarios (A1) |
63
|
Escala de ciencias(especialidade de bioloxía, química, mar) (A1) |
35
|
Escala de arqueólogos (A1) |
5
|
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (A1) |
8
|
Escala de facultativos (A1) (medicina, psicoloxías) |
11
|
Escala de enxeñeiros técnicos (A2) |
49
|
Escala de subinspección urbanística (A2) |
4
|
Escala de técnicos facultativos (A2) |
28
|
Especialidade en enfermería
|
19
|
Escala de axentes técnicos facultativos (Grupo B) |
|
Especialidade en xardín de infancia
|
101
|
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia (C1) |
12
|
Escala de auxiliares de clínica (C2) |
138
|
Escala de xerocultor (C2) |
13
|
Escala auxiliar de laboratorio (C2) |
23
|
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais (C2) |
10
|