O Goberno galego aproba unha Oferta de Emprego dotada con 421 prazas de difícil cobertura no Sergas

📢 Rueda avanza que a Xunta aproba unha Oferta de Emprego dotada con 421 prazas de difícil cobertura no Sergas

Resalta que o sistema será por concurso de méritos e que se busca “paliar o déficit de profesionais” nalgunhas especialidades

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello aprobou o decreto da oferta de emprego público para convocar por concurso de méritos 421 prazas de difícil cobertura no Servizo Galego de Saúde (Sergas). “O obxectivo é paliar o déficit de profesionais nalgunhas especialidades”, indicou Rueda.
Rueda explicou que o sistema público de saúde galego vai ofertar 1.630 prazas este ano, correspondentes a taxa de reposición ordinaria. Delas, 421 serán por concurso de méritos, é dicir, sen exames.
A oferta de 421 prazas hoxe aprobada polo Executivo galego enmárcanse na Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura.
Esta normativa, establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega, e dá continuidade ás medidas extraordinarias de fortalecemento da atención primaria iniciadas no ano 2021.
Ademais, por primeira vez, establece un réxime extraordinario de acceso a postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Sergas, por concurso de méritos, sen examen. «
Scroll al inicio