O Concello da Coruña modifica a oferta de emprego do próximo ano para cubrir xubilacións do 092.
A mediados deste ano o Concello aprobou a oferta de emprego público deste ano cunha previsión de sacar tres vacantes na Policía Local. Coa modificación que se aprobe agora a categoría de policía será a que xere o maior número de vacantes, tanto pola propia xubilación dos axentes pola vacancia orixinada pola promoción interna dos funcionarios da categoría de policía á de oficial. Das 34 prazas de policía 26 son libres e 8 por mobilidade.
PREPARATE EN NÓS OPOSICIÓNS. UNHA OPCIÓN DE GARANTIAS.
Despois de iniciar hai aproximadamente un ano a preparación das oposicións de Policía Local, o traballo e compromiso tanto do equipo de preparadores, como dos alumnos e alumnas comezou xa a dar os seus froitos.
PROCESO SELECTIVO CENTRALIZADO.
No primeiro exercicio da oposicións centralizada de Policía Local obtivemos uns excelentes resultados con 13 aprobados de 16 alumnos presentados.
CONCELLO DE SANTIAGO.
No exercicio teórico das Oposicións de Policía Local do Concello de Santiago, os nosos alumnos obtiveron a primeira, terceira e cuarta cualificación, o que pon de manifesto a calidade e solvencia deste proxecto que actualmente levamos a cabo nos centros da Coruña e Lugo.
CONCELLO DE PONTEVEDRA.
Igualmente nas oposicións do Concello de Pontevedra obtivemos a cuarta e a sexta nota no primeiro exercicio.
Se estas interesado en preparar estas oposicións podes informarte sen ningún compromiso en calquera dos nosos centros.
A nosa proposta formativa baséase nos seguientes principios:
- Explicación de cada un dos temas e exames cun formato semellante ao da oposición.
- Temario actualizado.
- Preparadores especializados para a parte teórica, psicotécnicos e probas físicas.
- Preparador principal, referencia en resultados en Galicia nesta especialidade.
- Clases presenciais dous días á semana.
- Preparamos todas as partes da oposición (probas físicas, psicotécnicos…)
*2 clases de proba sen compromiso de permanencia.