MODIFICACIÓNS no Real Decreto 800/2022 (Ensino)

Modificacións no Real Decreto 800/2022

Real Decreto 800/2022, de 4 de outubro, polo que se regula a integración do profesorado do Corpo, a extinguir, de Profesores Técnicos de Formación Profesional no Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria, e se modifican diversos reais decretos relativos a profesorado de ensinanzas non universitarias. (BOE 05 outubro 2022).

DOCUMENTO OFICIAL 👉 https://www.boe.es/boe/dias/2022/10/05/pdfs/BOE-A-2022-16194.pdf

Neste RD de integración do corpos de Profesores Técnicos de FP no Corpo de Secundaria tamén se regula todo o relativo ao acceso á función docente do novo Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares.

 

Este novo corpo de PROFESORES ESPECIALISTAS EN SECTORES SINGULARES está composto das seguintes ESPECIALIDADES:

  • Cociña e pastelería.
  • Estética.
  • Fabricación e instalación de carpintaría e moble.
  • Mantemento de vehículos.
  • Mecanizado e mantemento de máquinas.
  • Patronaxe e confección.
  • Perruquería.
  • Produción en artes gráficas.
  • Servicios de restauración.

Para estas especialidades establecese o seguinte en canto ao ACCESO Á FUNCIÓN DOCENTE:

Modificase o apartado 3 do artigo 13, que queda redactado como segue:

 

REQUISITOS PARA O INGRESO NO CORPO DE PROFESORES ESPECIALISTAS EN SECTORES SINGULARES DE FORMACIÓN PROFESIONAL:

  1. a) Estar en posesión da titulación de Diplomado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico ou o título de Grao, Licenciado ou Licenciada, Enxeñeiro ou Enxeñeira e Arquitecto ou Arquitecta, correspondente ou outros títulos de Técnico Superior de Formación Profesional declarados equivalentes, a efectos de docencia.
  2. b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ou a establecida para a capacitación pedagóxica e didáctica de Técnicos Superiores ou equivalente

Modifícanse o segundo e terceiro parágrafo, do apartado 2 B, do artigo 21, que quedan redactados como segue:

«Nas especialidades propias da formación profesional tanto do Corpo de Profesores de Ensino Secundario como do de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional, a unidade didáctica poderá referirse a unidades de traballo debendo relacionarse cos resultados de aprendizaxe e, no seu caso, as capacidades terminais asociadas ás correspondentes unidades de competencia propias do perfil profesional de que se trate.

 Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia para o ingreso en determinados corpos.

 Para o ingreso no Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional, para as especialidades que se detallan no anexo VI ao presente Regulamento, poderán ser admitidos quen, aínda carecendo da titulación esixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha titulación de Técnico Superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola que se concursa. Os títulos declarados equivalentes a Técnico Superior a efectos académicos e profesionais, serán tamén equivalentes a efectos de docencia

«Disposición transitoria sétima. Sobre TEMARIOS que han de rexer a fase de oposición dos procedementos selectivos.

Ata que non se aproben os temarios definitivos que correspondan aos diferentes corpos e especialidades, nos termos previstos no artigo 19 do presente regulamento, subsistirán os actualmente vixentes para aquelas especialidades do Corpo, a extinguir, de Profesores Técnicos de Formación Profesional que se integran no Corpo de Profesores de Ensino Secundario e para as que pasan a formar parte do Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional.»

Scroll al inicio