INTERINOS E INTERINAS: PRAZAS DE ESTABILIZACIÓN A CONVOCAR POR CONCURSO DE MÉRITOS EN TODO O ESTADO

ANPE GALICIA – INFORMA – ÚLTIMA HORA!!

INTERINOS E INTERINAS: PRAZAS DE ESTABILIZACIÓN A CONVOCAR POR CONCURSO DE MÉRITOS EN TODO O ESTADO

*(Información de parte do sindicato ANPE Galicia que vos facemos chegar por se fose do voso interese).

✅CONSULTA as prazas a convocar por concurso de méritos nas distintas CCAA e por corpos e especialidades: https://www.anpe.es/concurso-meritos-270-2022

✅LEMBRA QUE: Galicia NON PARTICIPA de forma conxunta co resto do Estado polo que publicará antes de fin de ano a súa propia convocatoria. Nas CCAA que si participan de forma conxunta o prazo provisional de presentación de solicitudes será do 21 de novembro ao 21 de decembro.

✅Aínda que as convocatorias se fagan en cada CCAA poderanse pedir prazas de calquera das CCAA participantes: polo momento TODAS menos Galicia, Cataluña e País Vasco que realizan convocatorias propias.

✅A solicitude presentarase na Comunidade Autónoma da primeira petición e realizarase unha por cada especialidade na que se participe.

✅Neste concurso de méritos non hai máis requisito para participar que o de titulación que habilite para a docencia segundo o RD276/2007 e as súas modificacións posteriores e o de lingua propia, segundo a Comunidade Autónoma.

✅O baremo e os criterios a aplicar basearanse no recollido no RD270/2022 para estas prazas de estabilización por concurso de méritos.

👉 https://anpegalicia.es/notices/170303/Persoal-interino—Prazas-de-ESTABILIZACI%C3%93N-por-concurso-de-m%C3%A9ritos

Scroll al inicio