Publicado en ANPE Galicia, INFORMACIÓN sobre a reunión informativa coa Subdirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para abordar as posibles repercusións do establecido no artigo 217 do Real Decreto Lei 5/2023 publicado no BOE o pasado xoves.
«A Consellería de Educación considera que é un tanto complicado establecer unha taxa adicional nas Administracións Públicas nos termos indicados no artigo 217 cando moitas delas aínda non teñen rematados os procesos de estabilización establecidos na Lei 20/21 e, mesmo nalgún caso, hai procesos selectivos anteriores sen executar. Non é o caso do persoal docente da nosa Comunidade. A pretensión do artigo 217 do R.D é, para a Administración galega, a de dar a oportunidade de corrixir a aquelas Administracións Públicas que fixeron ofertas públicas á marxe do establecido na Lei 20/2021.
A Comunidade de Galicia no ámbito educativo negociou uns criterios de determinación do número de prazas afectadas pola Lei 20/21 en Mesa Sectorial respectando escrupulosamente o establecido en dita Lei e ofertou todas as prazas tanto no concurso de méritos (prazas que cumprían os requisitos establecidos na Disposición adicional 8ª e na Disposición adicional 6ª) como no concurso – oposición de estabilización (prazas que cumpren os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei).
Pola tanto, Galicia, neste momento tería ofertado e executado (salvo o concurso-oposición que está en proceso de execución) todas as prazas que establecería o artigo 217 do RDL 5/2023 polo que a pretensión da administración educativa galega é a DE NON CONVOCAR NINGUNHA PRAZA ADICIONAL MÁIS DAS QUE XA ESTÁN CONVOCADAS E RESOLTAS.
Polo tanto, a administración galega NON VAI CONVOCAR NOVAS PRAZAS POR CONCURSO DE MÉRITOS xa que SE OFERTARON TODAS AS PRAZAS QUE HABÍA QUE OFERTAR.»