Ilusión, traballo, compromiso e talento❗

Aínda que quedan algúns por celebrarse, nestes días que para moitos son de descanso, para o noso alumnado de Educación e o seus preparadores/as foron de intenso traballo porque estivemos celebrando os simulacros de defensas de programacións. ?

É sempre un traballo intenso para todos os implicados, alumnado, preparadores/as, tribunais que nos acompañan, equipo de administración, pero inmensamente gratificante porque se pon de manifesto a ilusión, o traballo, o compromiso e o talento dos implicados por acadar o tan ansiado obxectivo de acadar unha praza das convocadas. ??

Vaia o noso recoñecemento e agradecemento para todos.?

Grazas e ogallá todos os implicados poidades desfrutar dun pequeniño pero moi merecido descanso.?