Nos Oposicións - Oposición Administrativo (C1)

Tercer ejercicio. Proceso selectivo de estabilización Cuerpo Administrativo Subgrupo C1

En sesión que tivo lugar o 16 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 29 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela (rúa de Madrid, 2-4, polígono de As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo.

Non se permitirá o acceso ás aulas nas que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Fecha

Feb 29 2024
Finalizdo!

Hora

4:30 pm - 9:00 pm

Localización

Escuela Galega de Administración Pública
Calle de Madrid 2 -4 · Santiago de Compostela
Categoría

Organizador

Xunta de Galicia
Código QR
Scroll al inicio