Publicación de Data de exame proceso selectivo Subalternos/as

En sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o único exercicio da oposición terá lugar o día 25 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda.

  • Data: 25/02/2024
  • Hora: 16:00 horas
  • Lugar: Pavillón 1 Feria Internacional de Galicia Abanca · Silleda
  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Fecha

Feb 25 2024
Finalizdo!

Hora

4:00 pm

Localización

Feira Internacional Galicia Abanca
Silleda

Organizador

Xunta de Galicia
Código QR
Scroll al inicio