Data segundo exercicio Oposicións Xunta de Galicia – A2

En sesión que tivo lugar o día 21 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 16 de abril de 2024, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de teléfonos móbiles.

El evento está terminado.

Fecha

Abr 16 2024
Finalizdo!

Hora

3:30 pm

Localización

Escuela Galega de Administración Pública
Calle de Madrid 2 -4 · Santiago de Compostela
Categoría

Organizador

Xunta de Galicia
Código QR
Scroll al inicio