Data segundo exame Oposicións Xunta de Galicia – A1

Na sesión que tivo lugar o 15 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar terá lugar o 15 de abril de 2024 en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Fecha

Abr 15 2024
Finalizdo!

Hora

3:30 pm

Localización

Escuela Galega de Administración Pública
Calle de Madrid 2 -4 · Santiago de Compostela
Categoría

Organizador

Xunta de Galicia
Código QR
Scroll al inicio