Concurso Oposición Traballo Social – Segundo exame

En sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, terá lugar o día 14 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de bolígrafo de tinta azul e DNI ou documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio.
  • Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240301/AnuncioG0597-270224-0014_gl.html

Fecha

Mar 14 2024
Finalizdo!

Hora

3:30 pm

Localización

Escuela Galega de Administración Pública
Calle de Madrid 2 -4 · Santiago de Compostela

Organizador

Xunta de Galicia
Código QR
Scroll al inicio