Concurso Oposición Enfermaría – Segundo Exame

En sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 14 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio.
  • Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240301/AnuncioG0597-270224-0011_gl.html

Fecha

Mar 14 2024
Finalizdo!

Hora

3:30 pm

Localización

Escuela Galega de Administración Pública
Calle de Madrid 2 -4 · Santiago de Compostela

Organizador

Xunta de Galicia
Código QR
Scroll al inicio