Mestre/a de Audición e Linguaxe

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Supostos prácticos: Traballo continuado dos diferentes tipos de suposto con resolución dos mesmos.
  • Temas: Explicación do total do temario. Temario elaborado e revisado polos nosos docentes.
  • Programación e unidades didácticas: Elaboración pautada e seguimento tanto na programación como nas unidades didácticas.
  • Exames periódicos e defensas e exposicións na aula. Realización de simulacro.
  • Lexislación: Clases complementarias para a preparación da Lexislación
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Diplomatura en Maxisterio ou Grao en Maxisterio

PROCESO SELECTIVO

Fase de Concurso

  • A fase concurso consta dos méritos que achegue o aspirante. Os méritos que se valoran son: formación académica, experiencia docente previa e outros méritos. Ten un peso de 1/3.

Fase de Oposición

  • Consta de dous partes e cada parte ten dúas probas.
  • PARTE A
    • Proba práctica: Propoñerase un exercicio práctico relacionado coas temáticas da especialidade.
    • Proba de desenvolvemento teórico do tema: Esta parte consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante.
  • PARTE B
    • Presentación e defensa ante o tribunal dunha programación didáctica.
    • Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.
TEMARIO
  • Tema 1 – A evolución da educación especial en Europa nas últimas décadas: da institucionalización e do modelo clínico á normalización de servizos e ao modelo pedagóxico.
  • Tema 2 – A educación especial no marco da LOGSE e o seu desenvolvemento normativo. O concepto de alumnos con necesidades educativas especiais.
  • Tema 3 – O proceso de identificación e valoración das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas e a súa relación co currículo. Decisións de escolarización.
  • Tema 4 – O centro ordinario e a resposta ás necesidades especiais dos alumnos e das alumnas. O Proxecto Educativo e o Proxecto Curricular en relación con estes alumnos. As adaptacións curriculares.
  • Tema 5 – O centro específico de Educación Especial: Características do Proxecto Educativo e do Proxecto Curricular. Referentes básicos e criterios para a súa elaboración.
  • Tema 6 – Os recursos materiais e persoais para a atención dos alumnos e das alumnas con necesidades educativas especiais. Recursos da escola. Recursos externos á escola. Colaboración entre servizos específicos e servizos ordinarios.
  • Tema 7 – Conceptos básicos sobre a comunicación e a linguaxe. Adquisición e desenvolvemento da comunicación e da linguaxe e a súa relación co desenvolvemento do pensamento, social e afectivo.
  • Tema 8 – Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe. Procesos de codificación e decodificación lingüística. Descrición e análise dos compoñentes da linguaxe.
  • Tema 9 – Características da linguaxe dos alumnos e das alumnas de Educación Infantil e Primaria. Alteracións da linguaxe máis frecuentes nestas etapas educativas. Actuacións preventivas.
  • Tema 10 – Sistemas alternativos e complementarios de comunicación. O proceso de avaliación e toma de decisións sobre os sistemas alternativos. O proceso de intervención.
  • Tema 11 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia auditiva. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe.
  • Tema 12 – Identificación das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia auditiva. Sistemas de detección do déficit auditivo.
  • Tema 13 – A intervención do mestre de audición e linguaxe cos alumnos e alumnas con deficiencia auditiva. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares. Axudas técnicas para a comunicación: tipos e criterios de utilización.
  • Tema 14 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia motora. Aspectos diferenciais do desenvolvemento da comunicación e da linguaxe. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.
  • Tema 15 – A intervención do mestre de audición e linguaxe cos alumnos e alumnas con deficiencia motora. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares. Axudas técnicas para a comunicación: tipos e criterios de utilización.
  • Tema 16 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia mental. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.
  • Tema 17 – A intervención do mestre de audición e linguaxe con alumnos con deficiencia mental. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.
  • Tema 18 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con autismo ou con outras alteracións graves da personalidade. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.
  • Tema 19 – A intervención do mestre de audición e linguaxe con alumnos e alumnas con autismo ou con outras alteracións graves da personalidade. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.
  • Tema 20 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións do fala. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe.
  • Tema 21 – Identificación das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións da linguaxe.
  • Tema 22 – A intervención do mestre de audición e linguaxe cos alumnos e alumnas con alteracións do fala. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.
  • Tema 23 – As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións da linguaxe. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe.
  • Tema 24 – Identificación das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións da linguaxe.
  • Tema 25 – A intervención do mestre de audición e linguaxe con alumnos e alumnas con alteracións da linguaxe. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.
MOSTRA DO MATERIAL
Scroll al inicio