Subalternos/as
DATOS INFORMATIVOS:
- Organismo: Xunta de Galicia
- Prazas: 35 Prazas (OEP 2022) Acceso libre
- Convocatoria: Pendente
- Sistema selectivo: Oposición
METODOLOXÍA NÓS:
Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:
- Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
- Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
- Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
- Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
- Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
- APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
- Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición
SOLICITA INFORMACIÓN
Formulario de Información
"*" señala los campos obligatorios
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
SUBALTERNO/A
- OFERTA 2019+2020 – Convocatoria do 4 de abril de 2022 – 119 prazas libres
- OPE 2022 – Do 27 de decembro do 2022, Convocatoria aínda non publicada – 35 prazas
- OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 32 prazas concurso-oposición
- + OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 132 prazas só concurso · Modificación Convocatoria 20 Xaneiro 2023 · Dog 15 23/01/2023
TITULACIÓN REQUERIDA
Certificado de escolaridade.
PROCESO SELECTIVO
PROCESO SELECTIVO
Fase de oposición: máximo 30 puntos
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 120 minutos
- Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de sesenta (60) preguntas tipo test, das que vinte (20) corresponderán á parte común do programa e corenta (40) á parte específica, máis cinco de reserva (dous da parte común e tres da parte específica).
- Cada pregunta conterá 3 respostas alternativas das que só 1 será a correcta.
- Respostas erróneas: Por cada resposta incorrecta descontarase ¼ dunha correcta.
- Cualificarase de 0 a 30 puntos. Mínimo 15 puntos.
2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 40 minutos
- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.
- O cuestionario recollerá os contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.
- Será valorado como apto ou non apto.
- Respostas erróneas: Por cada resposta incorrecta descontarase ¼ dunha correcta.
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 2 ou equivalente.
TEMARIO
TEMARIO: 11 temas (segundo a última convocatoria)
Parte común
- A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II, e capítulo I do título III.
- Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III.
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
- Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Parte específica
- A atención ao cidadán. Recepción e telefonía. Vixilancia e control das persoas que accedan ás dependencias administrativas. Reunións e actuacións de comunicación: preparación de locais e materiais.
- Traballos con materiais e maquinaria de oficina. Reprografía. Destrución de documentación. Ensobrado. Etiquetaxe. Guillotinado. Encadernación. Grampado. Taladradora. Tipos de papel.
- A documentación administrativa. Descrición dos principais documentos: instancia, certificado, anuncio, informe, resolución, comunicación e notificación.
- A notificación de documentos administrativos. Práctica da notificación. Correspondencia: tipos de envíos. Franqueo. Certificados. Acuses de recibo. Telegramas. Reembolsos. Xiros.