Cociña e Limpeza

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS

COCIÑA E LIMPEZA

TITULACIÓN REQUERIDA

Non se esixe titulación.

PROCESO SELECTIVO

(*) Para poder superar o proceso selectivo, será necesario obter unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Proba de coñecemento da lingua galega* (Obrigatoria e eliminatoria)

  • Tempo: 50 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test, con catro (4) respostas alternativas das cales só una (1) delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
  • O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical, correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.
  • Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
  • Este exercicio valorarase como apto ou non apto. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para alcanzar o resultado de apto.

* Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que teñan acreditado que posuían, antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado.

Fase de concurso: máximo 100 puntos

  • A fase de concurso consistirá na valoración de méritos ás persoas aspirantes que acreditaron o nivel de coñecemento da lingua galega requirido ou superaron a proba.
  • EXPERIENCIA PROFESIONAL: máximo 70 puntos
    • Experiencia profesional acreditada, entendida como os servizos prestados na Administración convocante, como empregado público na propia escala/especialidade ou categoría profesional á que se opta ou en escálaa/especialidade ou categoría profesional equivalente, a razón de 0,30 puntos por mes traballado con vinculación temporal ata un máximo de 70 puntos.
    • Experiencia profesional acreditada, entendida como os servizos prestados en calquera outra Administración pública diferente das anteriores, como funcionario interino ou persoal laboral temporal na propia escala/especialidade ou categoría profesional á que se opta ou en escálaa/especialidade ou categoría profesional equivalente, sempre que se inclúa dentro de mesmo grupo de titulación, a razón de 0,125 puntos por mes traballado con vinculación temporal ata un máximo de 70 puntos.
  • OUTROS MÉRITOS: máximo 30 puntos
    • Formación: un máximo de sete puntos e medio (17,5) (300 horas de formación). Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas, valorarase con 0,040 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 4 puntos por curso. A puntuación máxima deste apartado será 17,5 puntos.
    • Coñecemento lingua galega: ata un máximo de cinco puntos (5).
    • Pola superación de exercicios ou probas de procesos selectivos convocados con data posterior ao 1 de xaneiro de 2001 para adquirir a condición de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo da Administración convocante que se atopen finalizados ou coa fase de oposición finalizada para o acceso á mesma escala ou categoría profesional que se convoque. Valorarase con 2,5 puntos cada proba selectiva ou exercicio superado ata un máximo de 7,5 puntos.
TEMARIO
Scroll al inicio