Administrativo (C1)

DATOS INFORMATIVOS:

  • Organismo: Xunta de Galicia
  • Prazas: 50 Prazas (OPE 2022)
  • Convocatoria: Pendente
  • Sistema selectivo: Oposición

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo.

PROCESO SELECTIVO

Fase de oposición: máximo 60 puntos

1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 170 minutos
  • Cuestionario de sesenta (120) preguntas tipo test relacionadas co Anexo I do programa.
  • O exercicio dividirase en dous partes:
    • Primeira parte: cuestionario de contido teórico de noventa (90) preguntas, máis catro (4) preguntas de reserva, relacionadas co Anexo I do programa.
    • Segunda parte: cuestionario de trinta (30) preguntas, máis catro (4) de reserva, sobre un suposto práctico tipo test sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.
    • Cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos, Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 60 minutos
  • Constará de dúas probas:
    • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Cualificarase como apto/non apto.

Fase de concurso: máximo 40 puntos

  • ANTIGÜEDAD: máximo 18 puntos.
  • GRAO PERSOAL: máximo 7 puntos.
  • TRABALLO DESENVOLVIDO: máximo 5 puntos
  • FORMACIÓN: máximo 6 puntos
  • GRAO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA: máximo 3 puntos
  • EXERCICIO DE DEREITOS DE CONCILIACIÓN nos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria: máximo 1 punto.
TEMARIO

O Temario consta de 10 temas.

  1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.
  2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I, capítulo II (excepto subsección 2ª sección 3ª), capítulo III, capítulo IV e capítulo V.
  3. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e capítulo I do título III.
  4. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014: título preliminar, libro primeiro: excepto o capítulo V do título I, libro segundo: capítulo I do título I (excepto subsección 5, 6 e 7 da sección 2).
  5. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: títulos preliminar e I.
  6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I ao IX.
  7. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I e III do título III.
  8. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I: capítulo V sección 1ª e título II.
  9. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1,2 e 3 do capítulo I.
  10. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II e título II.
Scroll al inicio