A1 · Corpo superior

DATOS INFORMATIVOS:

  • Organismo: Xunta de Galicia
  • Prazas: 40 Prazas (OPE 2022 + 2023)
  • Convocatoria: Pendente
  • Sistema selectivo: Oposición

METODOLOXÍA NÓS

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS

OFERTAS E CONVOCATORIAS

CORPO SUPERIOR – A1

TITULACIÓN REQUERIDA

Estar en posesión ou en condición de obter título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalente.

PROCESO SELECTIVO

Segundo a convocatoria anterior as probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

Primeiro exercicio.

  • Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test, relacionado co anexo do programa. O exercicio dividirase en dous partes:
    • A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cincuenta (50) preguntas da parte xeral-Bloque I. O exercicio dispoñerá de tres (3) preguntas de reserva.
      As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só una delas será a correcta.
    • A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento trinta (130) preguntas da parte xeral-Bloque II, das que cen (100) preguntas serán de contido teórico e trinta (30) preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.
  • O exercicio dispoñerá de seis (6) preguntas de reserva, das que dúas (2) serán sobre un suposto práctico. As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só una delas será a correcta. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
  • O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.
  • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.
  • Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que obteñan, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Segundo exercicio.

  • As persoas aspirantes deberán desenvolver por escrito dous (2) temas, que se elixirán entre catro (4), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa que figura como anexo desta resolución, da seguinte maneira:
    • Un (1) tema a elixir entre dous (2) obtidos por sorteo dos correspondentes aos bloques I, II e III.
    • Un (1) tema a elixir entre dous (2) obtidos por sorteo dos correspondentes ao bloque IV e bloque V.
  • O exercicio terá unha duración máxima de catro (4) horas.
  • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.

Terceiro exercicio.

  • Constará de dúas probas:
    • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto de castelán ao galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto de galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
  • O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
  • Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.
TEMARIO

Parte Xeral:

Bloque I.
  1. Constitución española do 27 de decembro de 1978.
  2. Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.
  3. Lei orgánica 3/1981, do Defensor do Pobo.
  4. Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.
  5. Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.
  6. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.
  7. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia.
  8. Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.
  9. Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Defensor do Pobo de Galicia.
  10. Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.
  11. Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
  12. Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  13. Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.
Bloque II.
  1. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.
  2. Lei 5/2011, do 30 de setembro do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (títulos preliminar a V).
  3. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  4. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
  5. Real decreto 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
  6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
  7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
  8. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.
  9. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V sección 1ª e capítulo VIII do título I e título II.
  10. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
  11. Lei 9/2017, de contratos do sector público. Libros I e II.
  12. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  13. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
B) Parte específica.
Bloque I. Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.
  1. As fontes de dereito: teoría xeral e regulación no Código civil. Articulación do sistema de fontes: principios de xerarquía e competencia.
  2. O dereito obxectivo. As normas xurídicas; caracteres, estrutura e clases. Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas.
  3. O tempo no dereito obxectivo: ámbito temporal das normas. O tempo en relación cos dereitos subxectivos e as accións: prescrición e caducidade. Cómputo do tempo. Eficacia espacial das normas.
  4. A persoa como suxeito do dereito. A personalidade xurídica. Persoas físicas: adquisición e perda da personalidade. Capacidade de obrar. As persoas xurídicas.
  5. O dereito civil galego. A Lei de dereito civil de Galicia. Principais institucións do dereito civil galego.
  6. As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.
  7. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.
  8. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.
  9. A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.
  10. O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionales. O control da discrecionalidad: en especial, o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.
  11. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
  12. A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.
  13. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.
  14. Actos administrativos en particular: a licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.
  15. O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.
  16. A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. O procedemento expropiatorio xeneral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.
  17. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniales. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.
  18. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.
Bloque II. Unión Europea.
  1. A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.
  2. A organización da Unión Europea (I): o Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.
  3. A organización da Unión Europea (II): o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.
  4. O orzamento comunitario. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.
  5. As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.
Bloque III. Dereito autonómico xeneral e dereito local.
  1. A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.
  2. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.
  3. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal.
  4. A Administración institucional. Entidades que a integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As axencias.
  5. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.
  6. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional; estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do estatuto respecto a as demais normas do Estado e da comunidade autónoma.
  7. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.
  8. A interpretación do estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.
  9. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.
  10. As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da comunidade autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.
  11. A concorrencia normativa entre o Estado e a comunidade autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación basees-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.
  12. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da comunidade autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.
  13. A colaboración entre o Estado e a comunidade autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da comunidade autónoma.
  14. Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas
  15. O municipio: organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais.
Bloque IV. Dereito administrativo especial.
  1. Organización territorial. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación galega vixente en materia de réxime local.
  2. Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia; réxime xeral. A Policía de Galicia. As policías locais; a súa coordinación. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil, emerxencias, xogos e apostas.
  3. A planificación económica de Galicia. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito.
  4. A Administración e o medio ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Avaliación de impacto ambiental e réxime dos residuos. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial. Competencias da Xunta de Galicia.
  5. Ordenación do territorio. O deseño competencial na materia. Réxime urbanístico do chan. Clasificación. Plans de ordenación.
  6. Acción administrativa en relación coa vivenda. Competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Chan. Normativa autonómica en materia de vivenda.
  7. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeneral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeneral.
  8. Augas terrestres. Competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Utilización de dominio público hidráulico.
  9. Costas. Competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos. Competencias da Xunta de Galicia.
  10. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xurídico da actividade comercial en Galicia.
  11. A intervención administrativa en materia de consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.
  12. Investigación, desenvolvemento e innovación. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. Minas. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación.
  13. A Administración da Xunta de Galicia e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria. O sistema universitario galego.
  14. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria e farmacéutica de Galicia. O Servizo Galego de Saúde: organización e competencias.
  15. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O turismo. Competencias da Xunta de Galicia.
  16. Traballo e emprego. Delimitación de competencias estatais e autonómicas. Cooperativas. Competencias da Xunta de Galicia.
  17. Servizos sociais. Infancia; familia; maiores; dependentes.
  18. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.
  19. Políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
  20. Acción administrativa en materia de agricultura e gandería. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.
  21. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. A prevención de incendios forestais. Os montes veciñais en man común.
  22. Pesca, marisqueo e cultivos mariños. Competencias da Xunta de Galicia. Ordenación xurídica e réxime das sancións.
  23. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión; a Compañía de Radio Televisión de Galicia. A emigración. Os deportes.
Bloque V. Dereito orzamentario e dereito tributario, laboral e Seguridade Social.
  1. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.
  2. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.
  3. Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Pagamento e liquidación. Os gastos de clases pasivas.
  4. Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obrigación. Pago. Control dos gastos contractuais.
  5. Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.
  6. O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.
  7. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.
  8. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigacións dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.
  9. O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.
  10. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.
  11. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.
  12. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.
  13. Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.
  14. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.
Scroll al inicio