Técnico/a Laboratorio
DATOS INFORMATIVOS:
- Organismo: Sergas
- Prazas: 121 prazas (OPE 2o23)
- Convocatoria: Convocatoria de 19 de Abril de 2024 · DOG 85 de 30/04/2024
- Prazo de presentación de solicitudes: Prazo finalizado
- Sistema selectivo: Concurso – oposición
METODOLOXÍA NÓS
Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:
- Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
- Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
- Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
- Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
- Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
- APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
- Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición.
SOLICITA INFORMACIÓN
Formulario de Información
"*" señala los campos obligatorios
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
OEP 2023: 121 Prazas
TITULACIÓN REQUERIDA
Título de técnico/a superior en Laboratorio Clínico e Biomédico ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional.
PROCESO SELECTIVO
PROCESO SELECTIVO (segundo a última convocatoria)
Fase de oposición (máximo 60 puntos)
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 150 minutos
- Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dous partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:
- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.
- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
- Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración algunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
- Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do seu valor.
2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)
- Tempo: Máximo 15 minutos
- Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas 1 ao 8, incluídos).
- Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.
3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)
- Tempo: Máximo 15 minutos
- Cuestionario tipo test de 10 preguntas, máis 2 de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
- Cualificarase de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 4 ou equivalente.
Fase de concurso (máximo 40 puntos)
- FORMACIÓN ACADÉMICA E CONTINUADA: máximo 8 puntos (20%).Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestadística e metodoloxía da investigación valoraranse, en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
- EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%).
- OUTRAS ACTIVIDADES: máximo 4 puntos (10%).
Os méritos para ter en conta na fase de concurso deste proceso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
TEMARIO
TEMARIO: 40 temas (segundo a última convocatoria)
Temario común
- A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
- Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
- A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
- A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.
- O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
- Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
- A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Temario específico
- Principios fundamentais da bioética: aspectos éticos do traballo do/da técnico especialista en laboratorio. O secreto profesional: concepto e regulación xurídico.
- Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Avaliación da calidade: estrutura, proceso e resultado aplicado á unidade. Servizo de laboratorio. Sistemas de control da calidade internos e externos: protocolos de traballo, indicadores de calidade, desviacións do proceso analítico. Avaliación da calidade: auditorías. Mellora continua da calidade do proceso analítico. Normalización e certificación de calidade. Normas de calidade en laboratorios de ensaio.
- Metodoloxía de investigación. Técnicas cuantitativas e cualitativas. Fuentes de datos. Estudos descritivos e analíticos en laboratorio. Estudos de proceso e resultado. O papel do/da técnico especialista.
- Epidemioloxía e método epidemiolóxico. Epidemioloxía das enfermidades transmisibles. Infección nosocomial: barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiales. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.
- Asepsia e esterilización. Concepto de sepsis, antisepsia, esterilización e desinfección. Manexo de materiais estériles. Risco no uso de substancias químicas. Efectos tóxicos dos disolventes orgánicos.
- Programas de mantemento de equipamentos e material da unidade/servizo. Xestión do almacenamento, distribución, controis de existencias e reposición do material utilizado na unidade/servizo.
- Documentación que manexa o técnico de laboratorio: criterios para cubrila. Circuítos da información. Atención ao paciente: requisitos de preparación, información sobre as probas analíticas e a recollida de mostras.
- Mostras biolóxicas humanas: substancias analizables. Determinación analítica. Recollida, conservación e transporte de mostras para o seu procesamento. Características xerais destas. Normas de seguridade no manexo. Equipamentos e reactivos. Criterios de exclusión e rexeitamento das mostras.
- Microscopios: fundamentos, propiedades ópticas e elementos. Tipos de microscopía: campo luminoso, campo escuro, luz ultravioleta, fluorescencia, contraste de fase e de transmisión electrónica.
- Sangue: composición e fisioloxía. Fisioloxía e metabolismo eritrocitario: reconto hematíes, anormalidades morfolóxicas eritrocitarias, metabolismo do ferro e a hemoglobina. Patoloxías do sistema eritrocitario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.
- Fisioloxía e morfoloxía do sistema leucocitario: reconto e clasificación dos leucocitos, técnicas histoquímicas e inmunológicas de identificación leucocitaria. Patoloxías do sistema leucocitario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.
- Fisioloxía e morfoloxía das plaquetas: reconto e alteracións morfolóxicas das plaquetas. Patoloxías do sistema plaquetario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.
- Fisioloxía e morfoloxía da coagulación: mecanismo de coagulación, fibrinolisis, métodos e instrumentos para a análise da formación e destrución do coágulo, alteracións da hemostasia, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento de alteracións da hemostasia.
- Inmunología celular: antígeno e anticorpo. Reacción antígeno-anticorpo e síntese de anticorpos. Sistemas do complemento. Antígenos de histocompatibilidad. Mecanismos da resposta inmune.
- Antígenos e anticorpos eritrocitarios, leucocitarios e plaquetarios. Sistema ABO. Sistema Rh. Outros sistemas. Compatibilidade eritrocitaria entre donador e receptor. Técnicas de fraccionamento, separación e conservación de hemoderivados.
- Microbiología: características diferenciais de bacterias, fungos, parasitos e virus. Técnicas de observación. Tipos de tinguiduras.
- Características do crecemento dos microorganismos. Medios de cultivo para crecemento e illamento primario. Características e clasificación dos medios de cultivo. Técnicas de inoculación, illamento e recontos celulares bacterianos.
- Características dos microorganismos implicados en procesos infecciosos: cocos gram positivos e gram negativos. Bacilos gram positivos e gram negativos. Aerobios e anaerobios. Micobacterias: medios de cultivo e identificación. Patoloxía e tipos de tuberculoses: probas de laboratorio.
- Probas de sensibilidade aos antimicrobianos: tipos, interpretación. Concepto de resistencia antibacteriana. Probas de dilución e sensibilidade por dilución.
- Micoloxía: clasificación, illamento e exame dos fungos. Diagnóstico micolóxico de laboratorio. Parasitología e métodos de identificación.
- Viroloxía: métodos de cultivo e identificación. VIH ou sida. Patogenia. Diagnóstico de laboratorio da infección por VIH.
- Bioquímica: medidas de analitos por fotometría, espectrofotometría. Medición do pH. Técnicas cuantitativas de valoración. Estudo do equilibrio hidroelectrolítico e acedo base. Determinación de ións, pH, e gases en sangue arterial.
- Proteínas séricas: métodos de determinación. Separación de fraccións proteicas. Electroforesis. Interpretación de proteinograma.
- Funcións das lipoproteínas plasmáticas. Técnicas para a análise do colesterol. Análise de triglicéridos. Método analítico para o estudo de HDL e LDL.
- Encimas: métodos de análises de encimas en fluídos biolóxicos e patróns da alteración encimática.
- Tipos de marcadores tumorales. Estudo e determinación de marcadores tumorales en sangue. Marcadores tumorales máis utilizados. Neoplasias e marcadores tumorales.
- Anatomía e fisioloxía hepática. Determinacións analíticas para o estudo da función hepática. Marcadores séricos da enfermidade hepática.
- Anatomía e fisioloxía endocrina. Probas analíticas para o estudo da función endocrina. Marcadores séricos da enfermidade endocrina.
- Estudo das feces: características organolépticas das feces e determinación de substancias eliminadas polas feces. Estudo dos ouriños: fisiopatología dos ouriños e determinación de substancias eliminadas polos ouriños. Análise do sedimento urinario.
- Farmacoloxía Clínica: conceptos xerais, monitorización de fármacos: fármacos cardioactivos, antibióticos, antiepilépticos, antipsicóticos, antineoplásicos e outros. Toxicoloxía clínica. Detección de drogas de abuso. Alcois: etanol, metanol e outros.
- Técnicas «rápidas» nun laboratorio de urxencias de resposta inmediata.
- Nocións básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
Data textos legais: Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.