Celador/a

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición.

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Requírese certificado de escolaridade ou equivalente.

 

PROCESO SELECTIVO
Fase de oposición (máximo 60 puntos)

1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 150 minutos
  • Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dous partes diferenciadas:
  • Cuestionario de 50 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, sobre o contido teórico da parte específica do programa.
  • Cuestionario tipo test de 50 preguntas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre a parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
  • Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.
  • Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 35 % do seu valor (17,500).

2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas 1 ao 8, inclusive).
  • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.

3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Cuestionario tipo test de 10 preguntas, máis 2 de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
  • Cualificarase de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 2 ou equivalente, aos que se asignarán 5 puntos.

Fase de concurso (máximo 40 puntos)
  • FORMACIÓN: máximo 12 puntos (30%). Por crédito: 0,45 puntos. Por hora: 0,045 puntos.
    • A puntuación que se outorgará aos/as aspirantes que impartisen os anteriores cursos será de 0,09 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.
    • Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse cunha puntuación máxima de 6 puntos.
  • EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%)
TEMARIO
TEMARIO: 17 temas

Temario común

  1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
  2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
  3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
  4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.
  5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
  6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
  7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
  8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: Capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Temario específico

  1. O persoal subalterno: funcións do celador/a. Funcións de vixilancia. Apertura e peche das instalacións. Control de acceso, identificación, información, atención e recepción aos/as usuarios/as.
  2. Coñecementos básicos dos utensilios, mobiliario e obxectos das institucións sanitarias: coidados e conservación.
  3. Técnicas de mobilización de pacientes. Posicións. Traslado e mobilización dos pacientes. Actuación en unidades de críticos.
  4. Área cirúrxica: actuación e normas de hixiene. Actuación nas unidades de hospitalización, estancias comúns e unidades de saúde mental.
  5. Actuación do/da celador/a en relación cos pacientes falecidos. Actuación nas salas de autopsias e os mortuorios.
  6. As subministracións. Subministracións internas e externos. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
  7. A farmacia. O traslado de documentos e obxectos. A esterilización. A hixiene dos/as pacientes. O Servizo de Reprografía nas institucións sanitarias: funcións dos/as celadores/as.
  8. A organización das urxencias. A actuación do/da celador/a en a entrada de urxencias. O transporte de enfermos en ambulancias.
  9. Nocións básicas de informática. Sistemas ofimáticos. Procesadores de texto. Follas de cálculo. Internet. O correo electrónico.

Data textos legais: Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Scroll al inicio