C2 Auxiliar Administrativo

DATOS INFORMATIVOS:

  • Organismo: Sergas
  • Prazas: 33 (Reserva discapacidade intelectual)
  • Convocatoria: Pendente
  • Sistema selectivo: Concurso – oposición

METODOLOXÍA NÓS

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición.

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA

Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou equivalente.

PROCESO SELECTIVO
Fase de oposición (máximo 60 puntos)

1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 150 minutos
  • Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dous partes diferenciadas:
    • Cuestionario de 50 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, sobre o contido teórico da parte específica do programa.
    • Cuestionario tipo test de 50 preguntas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre a parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
  • Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.
  • Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 35 % do seu valor (17,500).

2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas 1 ao 8, inclusive).
  • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.

3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)

  • Tempo: Máximo 15 minutos
  • Cuestionario tipo test de 10 preguntas, máis 2 de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
  • Cualificarase de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas con ¼ do valor asignado á contestación correcta.

* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente.

Fase de concurso (máximo 40 puntos)
  • FORMACIÓN ACADÉMICA E CONTINUADA: máximo 8 puntos (20%)
    • Os cursos de prevención de riscos, xestión clínica, bioestadística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
    • Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.
  • EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%).
  • OUTRAS ACTIVIDADES: máximo 4 puntos (10%).
TEMARIO

TEMARIO: 24 temas

Temario común

  1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
  2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
  3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
  4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.
  5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
  6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
  7. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas institucións sanitarias.
  8. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Temario específico

  1. Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica: os dereitos da información sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica.
  2. Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta a os tratamentos dos datos persoais e a libre circulación destes datos. Conceptos básicos de seguridade e privacidade de datos de carácter persoal no manexo de información e dos sistemas de información.
  3. Tarxeta sanitaria: características fundamentais, alcance e contido.
  4. Réxime xeral da Seguridade Social: campo de aplicación. Afiliación, cotización e recadación. Acción protectora: continxencias protegibles e réxime xeral de prestacións.
  5. Estrutura orzamentaria. Pagos en firme e a xustificar. A ordenación do gasto e do pago, órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen. Ideas básicas e xenerais de contabilidade financeira e orzamentaria.
  6. Os contratos do sector público: lexislación aplicable. Ámbito de aplicación. Os contratos do sector público. Configuración xeral da contratación do sector público e elementos estruturais dos contratos.
  7. Persoal: concepto. Selección de persoal estatutario temporal. Tipos de nomeamento. Confección de nóminas.
  8. O acto administrativo: concepto e clases. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e anulables. A Administración electrónica.
  9. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Revisión dos actos en vía administrativa. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso-administrativo. Responsabilidade das administracións públicas.
  10. Tema 10. Funcionamento das institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo de Admisión. Servizo de Atención ao Paciente.
  11. As subministracións. Subministracións internas e externos. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
  12. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao público: acollida e información ao/á usuario/a.
  13. Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias: administrativa e clínica. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. O arquivo e rexistro electrónico.
  14. Informática: o computador; dispositivos centrais e periféricos; redes informáticas; o microprocesador; soportes informáticos.
  15. Sistemas operativos máis frecuentes. Os seus elementos comúns. Administrador de arquivos. Administrador de impresión. Impresoras.
  16. Ofimática: procesador de textos; folla electrónica de cálculo (Libreoffice); gráficos de oficina; axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade. Internet.

Data textos legais: Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

 

Scroll al inicio