Educación convocará en 2019 unha nova oferta de emprego docente para 35 especialidades.

Educación convocará en 2019 unha nova oferta de emprego docente para 35 especialidades

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocará en 2019 unha ampla oferta de emprego público para docentes, que inclúe 35 especialidades.

A oferta de emprego prevista para 2019 incluirá:

  • 8 especialidades de mestres.
  • 19 especialidades para ensino secundario.
  • 5 de profesores técnicos de FP.
  • 1 escolas oficiais de idiomas.
  • 2 corpo de profesores de música e artes escénicas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26292

 

Por outra banda, o sindicato ANPE confirma as especialidades. Hai que ser cautos con esta información, posto que non é oficial aínda, pero achegámola por se vos resulta do voso interese.

 

MESTRES:

  • Educación Infantil,
  • Inglés,
  • Francés,
  • Educación Física,
  • Música,
  • Pedagoxía Terapéutica,
  • Audición e Linguaxe,
  • Primaria.

SECUNDARIA :

  • Filosofía,
  • Lingua Castelá e Literatura,
  • Xeografía e Historia,
  • Matemáticas,
  • Física e Química,
  • Bioloxía e Xeoloxía,
  • Francés,
  • Inglés,
  • Educación Física,
  • Tecnoloxía,
  • Lingua Galega e Literatura,
  • Economía,
  • Administración de Empresas,
  • Formación e Orientación Laboral,
  • Informática,
  • Organización e Procesos de Mantemento de vehículos,
  • Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica,
  • Procesos na industria alimentaria e
  • Sistemas Electrónicos.

PROFESORES TÉCNICOS DE FP:

  • Instalacións electrotécnicas,
  • Mantemento de vehículos,
  • Mecanizado e mantemento de máquinas,
  • Perrucaría e
  • Procesos de xestión administrativa.

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS:

  • Inglés

PROFESORES DE MÚSICA:

  • Piano e
  • Linguaxe Musical

 

https://anpegalicia.es/notices+oposicions+2019+-+a+conselleira+anuncia+no+parlamento+a+convocatoria+de+35+especialidades-id=58242

 

 

Scroll al inicio